Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 2 de novembro de 2021 Páx. 53724

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria de carreira de Administración xeral.

Unha vez rematado o proceso selectivo, mediante a Resolución da Alcaldía 1234/2021, do 21 de outubro de 2021, nomeouse a Lara Otero Díaz, con DNI ***5284**, funcionaria de carreira do Concello de Fene, para a praza de técnica de Administración xeral do grupo A, subgrupo A1, da escala de Administración xeral, subescala técnica superior, incluída na oferta pública de emprego deste concello para o exercicio 2018.

O que se fai público para os efectos do artigo 62 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e do artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Fene, 21 de outubro de 2021

Juventino José Trigo Rey
Alcalde