Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 2 de novembro de 2021 Páx. 53700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Laracha (expediente-e IN407A 2021/108-1).

Expediente-e: IN407A 2021/108-1.

Promotora: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación da instalación: LMT soterrada en Igrexario, Montemaior.

Concello: A Laracha.

Feitos:

1. O 7 de xuño de 2021, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución nomeado: LMT soterrada en Igrexario, Montemaior.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económia de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, se for o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral dunha separata do proxecto na parte que a instalación puidera afectar bens e dereitos ao seu cargo, contendo as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

Hidroeléctrica de Laracha, S.L. presentou separatas para os seguintes organismos: Concello da Laracha, Patrimonio e Augas de Galicia.

Hidroeléctrica de Laracha, S.L. manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos por Patrimonio.

Non consta no expediente, a día de hoxe, contestación de Augas de Galicia nin do Concello da Laracha á solicitude de condicionado nin á reiteración.

4. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia e o artigo 39.a) do Decreto 230/2020, do 23 de decembro (DOG do 11 de xaneiro de 2021), polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

2. A lexislación que se vai aplicar neste expediente é a que de seguido se relaciona:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Desmontaxe dun treito da liña de media tensión aérea Der a Montemaior-Carballaredonda (expedientes 192/94 e 103/00), en condutores nus de tipo LA-56, cunha lonxitude total de 193 metros, así como de 4 apoios de formigón sobre os que está tendido o treito de liña que se vai desmontar.

– Os condutores existentes nus de tipo LA-56 das liñas 20/15 kV LMT Der a Montemaior-Carballaredonda (expedientes 103/00 e 192/94) e LMT a CT Igrexario, Montemaior (expediente 119/07), retensaranse sobre os apoios nº 65 e nº 68 proxectados, ambos os dous de tipo HVH-15/2500, que substituirán os existentes de formigón e que farán as funcións de final de liña. Nestes apoios realizaranse os pasos aéreo/subterráneos da LMT subterránea proxectada e instalaranse neles pararraios autoválvulas de 18 kV/10 kA. Os apoios proxectados terán a consideración de frecuentados e poranse a terra mediante un anel pechado con picas nos vértices.

– Nova liña de media tensión subterránea 15/20 kV en condutor de tipo RHZ1-12/20 kV, 3 (1×150 Al), que terá o seu inicio no paso de aéreo a subterráneo que se vai realizar no apoio nº 65 proxectado de tipo HVH-15/2500 que substitúe o existente da LMT Der a Montemaior-Carballaredonda (expediente 103/00), e finalizará no paso de subterráneo a aéreo que se vai realizar no apoio nº 68 proxectado de tipo HVH-15/2500 que substitúe o existente da LMT Der a Montemaior-Carballaredonda (expediente 192/94), que é a orixe da LMT a CT Igrexario, Montemaior (expediente 119/07). A lonxitude total da liña de media tensión subterránea proxectada é de 294 metros.

– A liña proxectada discorrerá soterrada en gabia de dimensións 0,50 metros de ancho e 1,20 metros de profundidade, canalizada no interior de tubo de polipropileno de 160 mm de diámetro, instalándose outro tubo de similares características co anterior a modo de reserva e un tubo de polipropileno de 125 mm de diámetro para comunicacións. A lonxitude total da canalización proxectada é de 263 metros.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 29 de setembro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña