Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 29 de outubro de 2021 Páx. 53173

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2021 pola que se amplía e se redistribúe a dotación orzamentaria da Resolución do 26 de abril de 2021 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2021 e 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

A Resolución do 26 de abril de 2021 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR de Galicia 2014-2020), para as anualidades 2021 e 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (DOG nº 82, do 3 de maio), prevé 5.200.000,00 € para a anualidade 2021 e 7.800.000,00 € para a anualidade 2022, distribuídos entre os 24 grupos de desenvolvemento rural (GDR) existentes.

O punto 3 do artigo 2 da citada Resolución do 26 de abril de 2021 sinala que as contías indicadas poderán incrementarse en función das solicitudes presentadas, sempre que teña lugar unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa, e que se debe publicar no DOG o aludido incremento.

O 5 de maio de 2021, a directora xeral da Agader emitiu as resolucións polas que se autorizaba aos GDR o importe máximo dispoñible para a submedida 19.4 (gastos en custos correntes e animación) da medida Leader, que ten asignado un importe máximo vinculado ao importe asignado á submedida 19.2. Non obstante, algúns GDR optaron por solicitarlle á Agader un importe menor ao inicialmente previsto para a anualidade 2021. Esta diferenza ascende en total a cento vinte e sete mil oitocentos sete euros con vinte e oito céntimos (127.807,28 €).

Tanto a autoridade de xestión do PDR de Galicia 2014-2020 como o director xeral de Planificación e Orzamentos, por delegación do conselleiro de Facenda, autorizaron o traspaso do remanente da submedida 19.4 á submedida 19.2 do PDR, con cargo á anualidade 2021.

Por outra parte, cómpre incorporar o remanente da convocatoria de proxectos Leader (submedida 19.2) inmediatamente anterior e correspondente ás anualidades 2020-2021, que estaba financiada con cargo ao mesmo crédito orzamentario. Estes remanentes de fondos, na anualidade 2021, que non se puideron asignar a ningún proxecto por inexistencia destes ou por desistencia dos promotores, ascenden a un importe total de cento once mil novecentos sete euros con oitenta e sete céntimos (111.907,87 €).

Deste xeito, os importes globais que ampliar na anualidade 2021 ascenden a un total de douscentos trinta e nove mil setecentos quince euros con quince céntimos (239.715,15 €).

Remanente para incorporar da medida 19.2 procedente da convocatoria 2020-2021

111.907,87

Traspaso de fondos da medida 19.4 á 19.2

127.807,28

Total

239.715,15

Tendo en conta que rematou o prazo para a presentación de solicitudes, que o procedemento está en fase de instrución e que existen dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre incrementar o importe dos créditos destinados ao financiamento da liña de axudas de que se trata, coa finalidade de facela chegar ao maior número de beneficiarios posible para cumprir mellor os obxectivos previstos inicialmente.

Por outra parte, considérase conveniente a redistribución de créditos, correspondentes ás anualidade 2021 e 2022. En relación con este aspecto, cóntase cos informes favorables da autoridade de xestión do PDR, do 24 de setembro de 2021, e da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, do 7 de outubro de 2021.

En consecuencia, no exercicio das competencias delegadas polo Acordo do Consello de Dirección da Agader do 11 de xullo de 2013, que se publicou mediante a Resolución do 24 de xullo de 2017 (DOG nº 148, do 5 de agosto),

RESOLVO:

Artigo 1

Amplíase e redistribúese, nos importes que se indican a seguir, a dotación orzamentaria total que prevía a Resolución do 26 de abril de 2021 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2021 e 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (DOG nº 82, do 3 de maio):

Acción (submedida)

Aplicación Dirección Xeral
de Desenvolvemento Rural

Proxecto Dirección Xeral
de Desenvolvemento Rural

Aplicación Agader

Proxecto Agader

Orzamento final GPT

Orzamento final Feader

01/19/20

14.05.712A.732.09

2016-00221

14.A1.712A.7600

2016 00001

-174.786,71

-131.090,04

01/19/20

14.05.712A.732.09

2016-00221

14.A1.712A.7700

2016 00001

340.902,62

255.676,97

01/19/20

14.05.712A.732.09

2016-00221

14.A1.712A.7810

2016 00001

73.599,24

55.199,43

Total

239.715,15

179.786,36

Conforme o exposto, a dotación orzamentaria total para o financiamento da convocatoria, para a anualidade 2021, é a seguinte:

Acción (submedida)

Aplicación Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

Proxecto Dirección Xeral
de Desenvolvemento Rural

Aplicación
Agader

Proxecto Agader

Orzamento final GPT

Orzamento final Feader

01/19/20

14.05.712A.732.09

2016-00221

14.A1.712A.7600

2016 00001

1.180.346,62

885.259,96

01/19/20

14.05.712A.732.09

2016-00221

14.A1.712A.7700

2016 00001

3.720.902,62

2.790.676,97

01/19/20

14.05.712A.732.09

2016-00221

14.A1.712A.7810

2016 00001

538.465,91

403.849,43

Total

5.439.715,15

4.079.786,36

A citada ampliación de crédito, correspondente á anualidade 2021, distribuirase entre os GDR conforme o remanente de fondos a que deu lugar cada un, tanto no que se refire ao remanente da convocatoria de proxectos inmediatamente anterior (submedida 19.2) correspondente ás anualidades 2020-2021, como no que respecta á submedida 19.4 da medida Leader, por solicitar á Agader a autorización dun importe menor ao inicialmente previsto para esa submedida.

Dentro de cada GDR afectado, o importe que corresponda distribuirase nas mesmas porcentaxes que establezan as resolucións da directora xeral da Agader polas que se autorizará a distribución dos importes dispoñibles para cada GDR na submedida 19.2 do PDR de Galicia 2014-2020 entre as tipoloxías de proxectos existentes nesa submedida (produtivos, non produtivos promovidos por entidades públicas de carácter local, non produtivos promovidos por entidades de natureza privada e formación promovida polos propios GDR).

O crédito cofinánciase nun 75 % polo fondo Feader, nun 2,5 % pola Administración xeral do Estado e nun 22,5 % pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2

No tocante á anualidade 2022, correspondente á convocatoria de proxectos Leader 2021-2022 (Resolución do 26 de abril de 2021), non se incrementa o orzamento total (GPT), non obstante, redistribúense os importes por tipoloxías (aplicacións-proxectos), do seguinte xeito:

Acción (submedida)

Aplicación Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

Proxecto Dirección Xeral
de Desenvolvemento Rural

Aplicación Agader

Proxecto Agader

Orzamento final GPT

Orzamento final Feader

01/19/20

14.05.712A.732.09

2016-00221

14.A1.712A.7600

2016 00001

1.472.108,94

1.104.081,70

01/19/20

14.05.712A.732.09

2016-00221

14.A1.712A.7700

2016 00001

5.611.609,97

4.208.707,48

01/19/20

14.05.712A.732.09

2016-00221

14.A1.712A.7810

2016 00001

716.281,09

537.210,82

Total

7.800.000,00

5.850.000,00

Artigo 3

Á ampliación da dotación orzamentaria non afecta o prazo de presentación de solicitudes nin supón o inicio dun novo cómputo do prazo para resolver.

Disposición adicional

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso potestativo de reposición ante o Consello de Dirección da Agader, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, ao abeiro do artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da citada publicación no DOG.

Disposición derradeira

Esta resolución será aplicable desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2021

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural