Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 29 de outubro de 2021 Páx. 53213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 18 de outubro 2021, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 4102/2021, interposto contra a Resolución do 20 de maio de 2021, de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Cambre (A Coruña).

Neste centro directivo recibíronse oficios da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 4102/2021, interpostos contra a Resolución do 20 de maio de 2021, de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Cambre, en que se solicita a remisión do expediente administrativo e o emprazamento dos interesados no expediente correspondente.

Para os efectos de cumprir o solicitado no oficio, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo acordou remitir o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2021

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo