Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 29 de outubro de 2021 Páx. 53189

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2021 pola que se dá publicidade dun encargo a medio propio realizado por esta axencia.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade dos seguintes encargos a medio propio:

1. Resolución do 19 de outubro de 2021, do Instituto Enerxético de Galicia, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a obra para actuación piloto de seguridade viaria en pasos de peóns mediante iluminación led, no barrio da Ponte do concello de Ourense.

– Actividade: mellora da seguridade viaria, mediante o aumento de protección do peón e mellora da súa visibilidade grazas ao reforzo da sinalización, balizamento e iluminación dos pasos de peóns considerados utilizando novas tecnoloxías máis eficientes.

– Natureza e alcance do encargo: encargo a medio propio ao ter a empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 19 de outubro de 2021 ata o 30 de abril de 2022.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2021; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos corenta e dous mil douscentos corenta e un euros con sesenta e seis céntimos (242.241,66 €), con cargo á aplicación orzamentaria 06.A3.733A.608.2, dos orzamentos do Inega para 2021, distribuídos segundo o seguinte cadro de anualidades:

2021: 91.000,00 €.

2022: 151.241,66 €.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2021

Paula María Uría Traba
Directora da Axencia Instituto Enerxético de Galicia