Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 29 de outubro de 2021 Páx. 53239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, de notificación do trámite de audiencia en relación co aproveitamento do monte veciñal en man común de Feais, do concello de Quiroga (expediente 21/76).

Nesta xefatura territorial estase a tramitar unha solicitude para a finalización da cesión do aproveitamento do monte veciñal en man común de Feais a favor dos veciños da parroquia de Cereixido, coa finalidade de que reverta na comunidade de Feais, recentemente constituída.

A devandita cesión foi aprobada pola Resolución do 28 de xuño de 2006, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, nos termos establecidos no artigo 20 da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común.

De conformidade co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, acórdase a iniciación do trámite de audiencia para que, no prazo de 10 días, que comezarán a contar desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas poidan formular alegacións e/ou achegar a documentación ou xustificación que consideren oportuna.

O que se fai público, de acordo co disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, por descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 13 de outubro de 2021

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo