Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 28 de outubro de 2021 Páx. 52993

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Alfoz

ANUNCIO do acordo polo que se aproba a proposta da Comisión de Heráldica relativa á bandeira do concello.

O Pleno da Corporación municipal, na súa sesión ordinaria celebrada o día 24 de setembro de 2021, adoptou o seguinte acordo de aprobación da proposta da comisión de heráldica pola que se traslada o acordo adoptado pola mesma comisión no 18 de decembro de 2020, no cal se propón como válida a seguinte descrición de bandeira:

Bandeira: partida ao centro. Á hasta, o xadrezado de amarelo e veiros ondados de branco e azul. Ao batente, de verde coa imaxe do Castelo de Alfoz de branco, coas súas portas e xanelas ocas.

En consecuencia, o Pleno da Corporación acorda:

Primeiro. Aprobar a proposta efectuada pola Comisión de Heráldica da Vicepresidencia Primeira e consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo na súa xuntanza do 18 de decembro de 2020, de descrición da bandeira.

Segundo. Someter o presente acordo ao trámite de información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no taboeiro de edictos.

Terceiro. De presentarse alegacións, serán resoltas polo Pleno. De non presentarse alegacións, remitirase o expediente completo á Comisión Heráldica.

missing image file

Alfoz, 5 de outubro de 2021

Jorge Val Díaz
Alcalde presidente