Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 28 de outubro de 2021 Páx. 52847

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 5 de outubro de 2021 pola que se clasifica de interese para o desenvolvemento rural de Galicia a Fundación Agroalimentaria Gallega.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia, núm. 199, do venres 15 de outubro de 2021, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 50481, no punto segundo dos feitos, onde di: «A Fundación Agroalimentaria Gallega constituíuna a Confederación de Empresarios de Lugo-CEL, representada por Jaime Luis López Vázquez e as entidades mercantís Embutidos Montepicato, S.L., representada por Eduardo Valín Fernández; Suministros Megaro Foods, S.L., representada por Carlos Cebrián Escolar; e a Escuela de Carniceros de Galicia, S.L., representada por Carlos Cebrián Escolar e Mario Balboa Mourín, mediante escritura pública outorgada en Sarria (Lugo) o 12 de febreiro de 2021, ante o notario Juan J. López Yáñez, co número de protocolo 480. Esta escritura emendouse por outra outorgada o 18 de xuño de 2021, na mesma localidade e ante o mesmo notario, co número 2.334 do seu protocolo», debe dicir: «A Fundación Agroalimentaria Gallega constituíuna a Confederación de Empresarios de Lugo-CEL, representada por Jaime Luis López Vázquez e as entidades mercantís Embutidos Montepicato, S.L., representada por Eduardo Valín Fernández; Suministros Megaro Foods, S.L., representada por Carlos Cebrián Escobar; e a Escuela de Carniceros de Galicia, S.L., representada por Carlos Cebrián Escobar e Mario Balboa Mourín, mediante escritura pública outorgada en Sarria (Lugo) o 12 de febreiro de 2021, ante o notario Juan J. López Yáñez, co número de protocolo 480. Esta escritura foi emendada por outra outorgada o 18 de xuño de 2021, na mesma localidade e ante o mesmo notario, co número 2.334 do seu protocolo».

Nas páxinas 50481 e 50482, no punto cuarto dos feitos, onde di: «O padroado inicial da Fundación está formado pola entidade Suministros Megaro Foods, S.L., representada por Carlos Cebrián Escolar, como presidente; a Confederación de Empresarios de Lugo-CEL, representada por Jaime Luis López Vázquez, como secretario; a entidade Embutidos Montepicato, S.L., representada por Eduardo Valín Fernández, como tesoureiro; e a Escuela de Carniceros de Galicia, S.L., representada por María José Torell Ortuño, como vogal», debe dicir: «O padroado inicial da Fundación está formado pola entidade Suministros Megaro Foods, S.L., representada por Carlos Cebrián Escobar, como presidente; a Confederación de Empresarios de Lugo-CEL, representada por Jaime Luis López Vázquez, como secretario; a entidade Embutidos Montepicato, S.L., representada por Eduardo Valín Fernández, como tesoureiro; e a Escuela de Carniceros de Galicia, S.L., representada por María José Torell Ortuño, como vogal».