Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 27 de outubro de 2021 Páx. 52724

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2021 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir sete prazas na categoría profesional de técnico/a de investigación, na área química-física, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución do 5 de abril de 2021 (DOG do 14 de abril e BOE do 29 de abril) convocáronse probas selectivas para cubrir sete prazas da categoría profesional de técnico/a de investigación, na área química-física, grupo III, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución do 16 de xuño de 2021 (DOG do 24 de xuño) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Unha vez rematado ese prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas e que non están exentas deste exercicio para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega) o día 1 de decembro de 2021, ás 9.30 horas, na aula 2.14 da Facultade de Química, Campus Vida (avenida das Ciencias s/n, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web: http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela