Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 27 de outubro de 2021 Páx. 52799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 5 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos BS650A e BS650G.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselles mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas, que son emprazadas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, na rúa Concepción Arenal, número 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non o faceren así, se considerarán notificadas no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación efectuada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 5 de outubro de 2021

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO I

Procedemento BS650A

Persoas interesadas

Núm. DNI/NIE

Núm. expediente

Resolución e data

35817263F

3600608-I/91

Suspension 8.7.2021

36099004K

3601648-I/93

Extinción 24.5.2021

44084897S

3600116-I/03

Suspensión 8.7.2021

35958016T

3600089-I/06

Suspensión 19.7.2021

36107231Z

3600181-I/21

Denegación 31.5.2021

36153267G

3601670-I/96

Suspensión 19.7.2021

36154755C

3600657-I/17

Suspensión 19.7.2021

77785825D

3600452-I/18

Extinción 21.7.2021

ANEXO II

Procedemento BS650G

Persoas interesadas

Núm. DNI/NIE

Núm. expediente

Resolución e data

33186822F

3600313-X/19

Caducidade 9.7.2021

30401650C

3600580-X/19

Caducidade 9.7.2021

35134966M

3601101-X/95

Extinción 8.7.2021

07802966D

3600773-X/19

Suspensión 24.8.2021

35851681V

3600963-X/19

Suspensión 8.7.2021

76772493B

3600059-X/15

Suspensión 8.7.2021

35990427G

3600396-X/17

Suspensión 8.7.2021

35525086E

3600540-X/04

Extinción 21.7.2021

Y0223474C

3600992-X/19

Suspensión 22.7.2021

52482513D

3600231-X/19

Suspensión 8.7.2021

35385080V

3600930-X/98

Suspensión 19.7.2021

53111518X

3600642-X/98

Suspensión 23.7.2021