Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 27 de outubro de 2021 Páx. 52627

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 25 de outubro de 2021 pola que se determinan os servizos mínimos, no ámbito da asistencia sanitaria, durante a folga de persoal das administracións públicas convocada para o día 28 de outubro de 2021.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental da persoa o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os que se encontra a sanidade.

O desempeño da prestación da asistencia sanitaria pública non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo exercicio do dereito de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este. O que implica a necesidade de conxugar o citado exercicio cun axeitado establecemento dos servizos mínimos naquelas áreas e actividades que repercuten na xestión dos servizos sanitarios, de cara a preservar, en último termo, o propio dereito á vida e á integridade física das persoas usuarias dos devanditos servizos.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros ou conselleiras competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante unha orde e ante cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento dos tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.

As organizacións Co.bas, Confederación Intersindical e Solidaridad Obrera convocaron unha folga que se fará efectiva durante a xornada do 28 de outubro de 2021, desde as 0.00 horas ata as 24.00 horas do citado día, que afectará todo o persoal fixo e temporal de, entre outras, as administracións das comunidades autónomas e os organismos públicos, axencias e demais entidades de dereito público con personalidade xurídica propia, vinculadas ou dependentes de calquera das administracións públicas. Polo que a determinación dos servizos esenciais debe realizarse atendendo en primeiro termo a esta circunstancia.

Pero ademais, cómpre subliñar o contexto no cal se vai desenvolver a folga, nun escenario de crise sanitaria que ten motivado, como é público e notorio, a progresiva adopción, evolución e adaptación de medidas preventivas, de contención, seguimento e de actuación en materia de saúde pública e asistencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia como consecuencia da evolución da pandemia do coronavirus COVID-19.

Así, e malia a positiva evolución da situación epidemiolóxica concreta de Galicia, segue a existir circulación do virus e, polo tanto, risco de transmisión, con incidencias aínda significativas en grupos de idade que poden ser usuarios dos centros e establecementos recollidos nesta orde. Nos cales debe en calquera caso preservarse a asistencia máis completa posible ás persoas doentes e afectadas, diagnosticadas ou susceptibles de selo, por patoloxías compatibles ou confirmadas de infección polo SARS-CoV-2.

De tal sorte que os criterios reitores e os servizos mínimos que se establezan deberán cohonestarse coa salvagarda das medidas emprendidas nos centros e entidades do Sistema público de saúde de Galicia, nomeadamente naquelas áreas, servizos e unidades cuxa actividade garda unha maior relación coa crise sanitaria. Trátase de conciliar, en suma, o lexítimo exercicio do dereito de folga co elenco de actuacións que a Administración sanitaria ten implantado e que continúan vixentes na actualidade, co fin de dispoñer dos recursos humanos necesarios para facer fronte ao incremento e á natureza da carga asistencial motivados pola pandemia.

Con base no que antecede,

DISPOÑO:

Artigo 1

A convocatoria de folga de persoal das administracións públicas que terá lugar entre as 0.00 e as 24.00 horas do día 28 de outubro de 2021, realizada polas organizacións Co.bas, Confederación Intersindical e Solidaridad Obrera, deberá entenderse condicionada ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen nesta orde no ámbito da asistencia sanitaria.

Os servizos mínimos resultan totalmente imprescindibles para manter a axeitada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía. E ao propio tempo, responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible do exercicio do dereito á folga coa atención á poboación, que baixo ningún concepto pode quedar desasistida, dadas as características do servizo dispensado.

Por iso, mantéñense os servizos mínimos necesarios para garantir a asistencia imprescindible a doentes hospitalizados/as, así como a atención urxente e permanente que non poden aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.

De acordo coa motivación anterior, establécense os seguintes criterios reitores para o mantemento dos servizos esenciais nos centros de traballo e nas institucións afectadas:

I. O persoal mínimo necesario para a cobertura do 100 % da atención urxente e permanente e as emerxencias do 061.

1º. Na Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061:

O servizo que presta a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ten como misión atender calquera demanda que sexa percibida pola poboación como de resolución urxente. Para a consecución do seu fin, na central de coordinación traballa persoal sanitario que toma as decisións que implican a resolución dos casos que se expoñen, ben mediante a mobilización dos recursos de atención e transporte, ben mediante o consello sanitario.

Os profesionais sanitarios que desenvolven a súa actividade na central de coordinación son persoal médico coordinador e persoal de enfermaría. Dependendo da natureza do feito que se expón, a súa gravidade e urxencia, cada chamada é resolta por persoal dun ou outro perfil.

Os/as enfermeiros/as de consulta, aparte das tarefas de asesoría sanitaria –o seu labor principal–, atenden os problemas que necesitan unha resolución urxente por persoal desta profesión (curas, atención ás ostomías, sondas urinarias, etcétera). Ademais, desde finais do ano 2017 teñen previsto o manexo dos accidentes de múltiples vítimas.

Por outro lado, o traballo do persoal sanitario, médico e enfermeiro, consiste fundamentalmente en realizar un interrogatorio sanitario dirixido a precisar a información inicial e unha toma de decisións posterior para resolver os problemas detectados. Este é un labor de conxunto que se realiza dimensionando os efectivos de xeito adaptado aos ciclos de demanda horarios. A falla dalgún dos axentes implica unha mingua na capacidade da Sala de Coordinación para resolver a demanda entrante. Cómpre valorar que, nunha actividade desta natureza, a demora en atender un servizo repercute en toda a demanda, tanto na que entra nese momento como posteriormente: non realizar a tempo a clasificación dun proceso menos grave porque a capacidade de atención estea saturada pode deixar sen atender os intentos de chamadas por procesos moi graves que inmediatamente entran a continuación.

En resumo, a dimensión da Sala de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 está estipulada en función do número de chamadas histórico do servizo, por días e tramos horarios, garantindo a atención do 100 % das chamadas. O índice de chamadas perdidas non supera o 2 %, e procédese por protocolo a chamar a todos aqueles números que non conseguiron contactar, dado o carácter de urxencia do servizo prestado.

Unha minoración do persoal médico e enfermeiro implica desatender parte das urxencias vitais en materia de saúde que acontecen no territorio galego, coas consecuencias directas sobre a mortalidade e a supervivencia na poboación.

Polas características do servizo dispensado, a poboación non pode quedar desasistida en circunstancias de urxencia e emerxencia. Ademais, son tarefas específicas que non poden ser suplidas por outro persoal e cómpre ter en conta que a carga de traballo, ao longo do día, depende dun número de chamadas que non son programables, senón que se dimensionan de maneira periódica para dar cobertura ás necesidades estimadas dentro dun rango.

2º. Nas bases asistenciais da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061:

As bases dos recursos medicalizados do 061 constitúen centros nos cales traballa persoal sanitario pertencente ás categorías de médico/a asistencial e persoal de enfermaría.

Os servizos mínimos fíxanse nun 100 %, cobertura necesaria para a atención a todos os cidadáns e cidadás que estean en situación de urxencia ou emerxencia no ámbito da Comunidade Autónoma.

3º. En relación directa co anterior, resulta asemade preciso dispoñer dun número mínimo de efectivos de persoal non sanitario nas áreas de dirección e administración da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, co fin de atender as necesidades administrativas máis perentorias durante o desenvolvemento da folga.

II. No ámbito da transfusión de sangue, os servizos necesarios para o mantemento do abastecemento sanguíneo en toda a Comunidade Autónoma.

No eido da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a axeitada cobertura da subministración de sangue e hemoderivados a todos os centros sanitarios, tanto públicos como privados, do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como para evitar que se produzan prexuízos aos doadores e, consecuentemente, aos posibles receptores. Na mesma medida debe garantirse a coordinación das doazóns, os transplantes de órganos e os implantes de células e tecidos, velando polo cumprimento dos estándares de calidade vixentes e na lexislación de aplicación.

III. Nos centros e institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde:

a) Persoal facultativo do ámbito da atención hospitalaria:

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente nos seguintes ámbitos:

– Servizos de urxencias e gardas médicas.

– Quirófanos urxentes para a atención das persoas usuarias que requiran intervención cirúrxica inaprazable.

– Salas de partos.

Nas áreas sinaladas é imprescindible a cobertura do 100 % da actividade urxente, dado que non é posible prever as necesidades, por non ser unha actividade programable e, posto que nestes casos é preciso dar unha resposta asistencial inmediata, ten que manterse a cobertura asistencial establecida nos supostos de urxencia.

2. Cobertura do 100 % da actividade nas seguintes áreas:

– Unidades de reanimación.

– Unidades de coidados intensivos, de adultos ou pediátricas e unidades coronarias, de ser o caso.

– Área de diálise.

– Área de tratamentos oncolóxicos (radioterapia, hospital de día e, de ser o caso, braquiterapia).

As unidades de reanimación de coidados intensivos precisan manter a súa cobertura habitual, pois teñen que dar resposta aos quirófanos e ás posibles urxencias que, pola súa gravidade e ante unha posible falta axeitada de resposta, porían en perigo a vida dos/das pacientes.

No caso da diálise e os tratamentos oncolóxicos, a súa demora ou aprazamento poden carrexar un agravamento importante dos/das doentes. Neste senso, as descompensacións do equilibrio hidroelectrolítico por ausencia de tratamento renal substitutivo e a suspensión do tratamento antineoplásico teñen un papel fundamental no aumento de morbilidade dos/das pacientes.

3. Cobertura do 100 % da actividade inaprazable nas unidades de hospitalización por COVID e nas áreas de medicina preventiva, saúde laboral e microbioloxía.

Por mor da crise epidemiolóxica téñense reforzado, precisamente, as unidades e servizos máis directamente relacionados co ingreso de doentes e coa prevención, detección, manexo e tratamento tanto de pacientes como de profesionais con patoloxía suxestiva ou confirmada de infección polo SARS-CoV-2; unidades cuxa plena operatividade resulta imprescindible de cara a preservar a saúde e mesmo a vida das persoas afectadas.

4. Cobertura da actividade cirúrxica dos/das pacientes, tanto hospitalizados/as como ambulatorios/as, con respecto ás patoloxías que poñan en perigo a súa vida ou agraven o seu estado de saúde, en especial procesos neoplásicos.

Nestes casos a morbilidade e o prognóstico dos/das pacientes poderían agravarse de forma significativa no suposto de que se modificase a planificación realizada. A historia natural de moitas enfermidades graves e oncolóxicas pode evitarse dando a resposta más áxil posible.

5. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garantir a atención urxente dos/das doentes hospitalizados/as e as altas clínicas.

Os/as pacientes ingresados/as precisan do control axeitado que permita asegurar o seguimento da súa evolución e a supervisión do tratamento, evitando estadías innecesarias que poidan modificar ou complicar a dita evolución. A hospitalización é necesaria nos casos en que a situación clínica do/da paciente o determina, e a súa prolongación excesiva pode ter implicacións clínicas prexudiciais.

6. No ámbito de consulta, así como das interconsultas dos/das pacientes hospitalizados/as que o requiran, atenderanse as consideradas como urxentes no criterio do persoal facultativo. Así mesmo, atenderanse as consultas inaprazables dos/das doentes oncolóxicos/as que requiran tratamento citostático incluíndo os/as doentes desprazados/as.

Dada a grande variedade das patoloxías que se atenden nos centros sanitarios, establécese como criterio de urxencia ou de realización ineludible o do/da facultativo/a responsable da asistencia da persoa enferma. Con isto garántese a necesaria asistencia sanitaria que debe prestarse aos/ás doentes para tentar evitar complicacións e manter o seguimento necesario das súas patoloxías.

7. Garantirase, así mesmo, a realización de determinacións e probas complementarias urxentes e as que se refiren aos/ás pacientes hospitalizados/as que, no criterio do persoal facultativo, sexan necesarias e inaprazables.

Ao igual que no caso anterior, á vista da grande variedade das patoloxías que se atenden nos centros sanitarios, establécese como criterio de urxencia ou de determinación ineludible o do persoal facultativo responsable da asistencia do/da enfermo/a. Os atrasos na realización destas probas poden comprometer a situación clínica da persoa doente.

8. Garantirase a prescrición de sangue, medicamentos e produtos sanitarios.

Pola grande variedade das patoloxías que se atenden nos centros sanitarios, establécese como criterio de urxencia ou de dispensa ineludible o do/da facultativo/a responsable da asistencia e a medicación da persoa enferma. As demoras na dispensa dos hemoderivados e os medicamentos poden comprometer a situación clínica do/da paciente.

9. Garantirase a atención necesaria a pacientes subsidiarios/as de hospitalización a domicilio e coidados paliativos.

No caso da hospitalización a domicilio requírese garantir a prestación asistencial, ao igual que na hospitalización convencional. No que atinxe aos coidados paliativos, dado o limitado prognóstico vital e a complexidade da situación clínica dos/das pacientes tense que garantir o nivel de coidados necesario.

b) Persoal facultativo do ámbito da atención primaria:

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente.

É imprescindible a cobertura do 100 % da actividade urxente, habida conta de que non cabe prever as necesidades por non tratarse dunha actividade programable e dado que nestes casos é preciso dar unha resposta asistencial inmediata. Polo que ten que manterse a cobertura asistencial establecida nos supostos de urxencia.

2. No tramo ordinario de atención nos centros de saúde (non PAC) prestarase a asistencia urxente ou inaprazable da unidade, calquera que sexa a modalidade da prestación.

A prestación sanitaria urxente no horario ordinario é desenvolvida polos profesionais dos servizos de atención primaria (persoal médico, pediatra e odontólogo), polo que cómpre definir uns mínimos para garantir a asistencia urxente e o seguimento e tratamento dos procesos inaprazables, garantindo a seguinte dotación mínima:

– En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo por categoría profesional.

– En centros con cinco a oito profesionais: 2 efectivos por categoría.

– En centros con nove a doce profesionais: 3 efectivos por categoría.

– En centros con trece ou máis profesionais: 4 efectivos por categoría.

c) Persoal sanitario non facultativo da atención hospitalaria:

Respecto a este colectivo, a xustificación dos criterios reitores obedece substancialmente ao xa sinalado para o caso do persoal facultativo, dado que a asistencia debe ser necesariamente realizada en equipo, sen poder levarse a efecto sen a colaboración do conxunto dos profesionais implicados.

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente nun triplo ámbito:

– Servizos de urxencias.

– Quirófanos urxentes (xerais e de tocoloxía) para a atención dos/das usuarios/as que requiran intervencións cirúrxicas inaprazables.

– Salas de partos.

2. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garantir os coidados dos/das pacientes hospitalizados/as, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

3. No ámbito das consultas estableceranse servizos mínimos nun dobre ámbito:

– Apoio á atención das consultas especializadas consideradas como urxentes ou preferentes.

– Así mesmo, atenderanse as consultas inaprazables dos/das pacientes oncolóxicos/as que requiran tratamento citostático incluíndo os/as desprazados/as.

4. No ámbito dos servizos centrais, garantirase a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiran aos/ás doentes hospitalizados/as que, no criterio do persoal facultativo, sexan necesarias e inaprazables, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

5. Garantirase a dispensación de medicamentos, hemoderivados e produtos sanitarios, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

6. Unidades especiais: o número necesario para garantir o coidado dos/das pacientes, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

d) Persoal sanitario non facultativo da atención primaria:

Respecto a este colectivo e como xa se indicou no caso do persoal sanitario da atención hospitalaria, a xustificación dos criterios reitores obedece substancialmente ao xa sinalado para o caso do persoal facultativo, dado que a asistencia debe ser necesariamente realizada en equipo, sen que poida levarse a efecto sen a colaboración do conxunto dos/das profesionais implicados/as.

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente.

É, asemade, imprescindible cubrir o 100 % da actividade urxente, habida conta de que non cabe prever as necesidades por non tratarse dunha actividade programable e que nestes casos é preciso dar unha resposta asistencial inmediata. Polo que ten que manterse a cobertura asistencial establecida nos supostos de urxencia.

2. Os servizos mínimos que se fixan no tramo ordinario de atención prestarán a asistencia urxente e inaprazable da unidade, calquera que sexa a modalidade da prestación.

A prestación sanitaria urxente no horario ordinario é desenvolvida polos profesionais dos servizos de atención primaria, polo que cómpre definir uns mínimos para garantir a asistencia urxente e o seguimento e tratamento dos procesos inaprazables, garantindo a seguinte dotación mínima:

– En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.

– En centros con cinco a oito profesionais: 2 efectivos.

– En centros con nove a doce profesionais: 3 efectivos.

– En centros con trece ou máis profesionais: 4 efectivos.

3. Cobertura do 100 % da actividade de enfermaría dos equipos específicos de cribado e vacinación en actividades relacionadas coa pandemia do SARS-CoV-2.

Na actual situación de pandemia é preciso continuar durante todos os días da semana cos cribados á poboación con altas taxas de incidencia. Da mesma forma, a vacinación na poboación de máis de 80 anos non pode ser demorada xa que se trata dun dos grupos de poboación máis vulnerables. Actualmente, tanto o cribado poboacional como a vacinación estanse realizando durante todos os días da semana, incluíndo domingos e festivos, e atrasar estas actividades suporía un risco engadido para as persoas afectadas, comprometendo asemade a saúde pública.

e) Persoal de xestión e servizos da atención hospitalaria:

1. Urxencias: un número de efectivos que garanta a cobertura do 100 % da actividade urxente.

Na liña indicada para outros colectivos, os dispositivos de urxencias constitúen un servizo vital de atención ininterrompida as 24 horas e todos os días do ano, sendo imprescindible para a prestación do servizo a existencia de persoal de apoio ao propiamente sanitario.

2. Área de hospitalización: un número de efectivos equivalente ao dos domingos ou festivos.

Nesta área é necesaria una prestación continuada do persoal non sanitario equivalente aos efectivos que de xeito habitual prestan servizo nos festivos e domingos, e considérase que por debaixo desas presenzas non se garante a atención aos/ás doentes ingresados/as.

3. Cita previa: un número de efectivos que garanta a atención ao/á paciente que o requira, cun mínimo dun efectivo por centro e ata un máximo do 50 % dos efectivos da quenda.

A situación é variable debido ás diferentes organizacións e infraestruturas dos centros sanitarios, polo que ante una situación de folga e coas incidencias que dela poden derivarse, é preciso manter os mínimos servizos de atención nesta área ás persoas usuarias.

4. Atención ao paciente: un número de efectivos que garanta a atención ao/á doente que o requira, cun mínimo dun efectivo por centro e ata un máximo do 50 % dos efectivos da quenda.

Ao igual que no caso anterior, e debido á diferente casuística da organización e infraestrutura dos hospitais, perante una situación de folga e as incidencias que dela poidan derivarse, cómpre establecer uns mínimos efectivos de atención nesta área, fundamental no apoio ás persoas usuarias e na resolución das problemáticas propias deste ámbito.

5. Servizos de mantemento: un número equivalente ao dos domingos ou festivos.

Nestas áreas de traballo, das cales depende o funcionamento de todas as instalacións e equipamentos dos centros, é necesaria una prestación continuada equivalente aos efectivos que de xeito habitual prestan servizo nos festivos e domingos, considerándose que por debaixo desas presenzas non se garante a actividade mínima que garanta o axeitado funcionamento das instalacións e equipos.

6. Servizo de lavandaría e lenzaría: un número equivalente ao dos domingos e festivos.

Neste ámbito é preciso garantir a dispoñibilidade de roupa de doentes e lenzaría para camas e padiolas, así como a dotación de roupa para o persoal que debe traballar en áreas críticas, urxencias e quirófanos; e tamén para resolver as cuestións puntuais que se precisen para unha prestación axeitada dos servizos. Considérase que os mínimos necesarios para a súa atención son os que de xeito habitual prestan servizo nos festivos e domingos, naqueles centros que dispoñen de persoal neses días. De xeito subsidiario, naqueloutros centros nos calees o traballo está organizado para que o persoal non preste servizos os domingos e días festivos, é preciso manter unha actividade que garanta a non rotura de stocks de roupa nas unidades, sen que sexa posible asumila sen romper a cadea de produción nos restantes días da semana; por iso nestes casos considérase necesario tomar como referencia o 50 % do persoal da quenda de traballo.

7. Limpeza, nos casos nos cales este servizo deba ser prestado por persoal da Administración sanitaria:

7.1. Áreas de urxencias, laboratorio de urxencias, radiodiagnóstico de urxencias, UCI, área cirúrxica, reanimación postcirúrxica, reanimación cardíaca, oncoloxía radioterápica, hematoloxía, hospital de día, diálise e unidades de hospitalización por COVID: o persoal preciso para garantir o 100 % das presenzas e prestación de limpeza habituais na actualidade.

7.2. Áreas de radioloxía intervencionista, esterilización e hospitalización (non COVID): o persoal preciso para garantir o 70 % das presenzas e prestación de limpeza habituais na actualidade.

7.3. Restantes áreas: o persoal preciso para garantir o 50 % das presenzas e prestación de limpeza habituais na actualidade.

Por mor da hixiene necesaria para a prestación dos servizos sanitarios, neste eido sempre resulta preciso garantir con carácter xeral que as instalacións estean en perfectas condicións de limpeza e hixiene, no que atinxe a zonas de hospitalización de doentes, vestiarios de persoal, áreas críticas, servizos de urxencias e quirófanos, así como nas zonas comúns de uso xeral, pois as eventuais diminucións dos parámetros de limpeza nalgunha delas pode incidir directamente tamén nas outras.

Pero é que ademais, a excepcional situación xurdida por mor da pandemia orixinada polo novo coronavirus SARS-CoV-2 (COVID-19) require dunha serie de medidas específicas para evitar o contaxio da enfermidade infecciosa nas dependencias das institucións sanitarias, tanto respecto aos propios profesionais como ás persoais usuarias dos servizos, así como entre aqueles e estas.

Así, e no que atinxe a esta área de actividade, por mor da situación sanitaria e consonte os protocolos establecidos para o efecto cómpre extremar, para evitar o contaxio da enfermidade infecciosa por COVID-19 nas dependencias sanitarias, a limpeza e desinfección daqueles espazos máis directamente relacionados coa prevención, detección, manexo e tratamento de pacientes e de profesionais con patoloxía indiciaria ou confirmada de infección polo SARS-CoV-2; dependencias cuxa plena operatividade e seguridade resultan imprescindibles nas actuais circunstancias.

8. Hostalaría: un número mínimo igual ao dos domingos ou festivos, co máximo do 60 % dos efectivos da quenda, en función do tamaño das prestacións dependentes de hostalaría en cada centro.

Nesta área de traballo é preciso garantir a dispoñibilidade de alimentos dos/das doentes e do persoal de garda. Considérase que os mínimos necesarios para a súa atención son os efectivos que de xeito habitual prestan servizo nos festivos e domingos, naqueles centros que dispoñen de persoal neses días. Naqueloutros nos cales o traballo está organizado para que o persoal non preste servizos os días festivos, é preciso manter unha actividade que garanta que non se rompan os stocks de alimentos preparados nas unidades, sen que sexa posible asumila sen romper a cadea de produción nos restantes días da semana. Por iso, nestes casos considérase necesario tomar como referencia o 60 % do persoal da quenda de traballo, imprescindible para garantir un mínimo funcionamento da cadea de elaboración, empratado, distribución e recollida de comidas e utensilios.

9. Condutores/as: o mesmo número de efectivos que o dos domingos ou festivos cun mínimo, en todo caso, dun efectivo.

Considérase que esta é a prevención mínima que garante a resposta ás necesidades de utilización de vehículos en cada centro, para atender aquelas cuestións urxentes que poidan xurdir.

10. Servizos administrativos:

– Información: o número de profesionais necesarios para garantir a debida información aos/ás pacientes.

A situación é variable debido á diferente organización e estrutura física de cada hospital, polo que ante una situación de folga e coas incidencias que dela poden derivarse, é preciso manter unha mínima dotación para prestar atención e información ás persoas usuarias.

– Persoal: o número imprescindible para garantir a atención das incidencias e xestións derivadas da folga e, como máximo, ata o 40 % dos efectivos da quenda.

Nunha xornada de folga, os servizos de recursos humanos deben asumir unha serie de tarefas específicas relacionadas con ela e coa propia xestión dos servizos mínimos, incluíndo a recompilación de información, resolución de incidencias, etcétera, que fan que nesa xornada sexa preciso manter unha dotación mínima que permita realizar todas esas xestións, ademais daqueloutras tarefas que non admitan demora por estaren suxeitas a prazos fixados normativamente.

– Subministracións: o número imprescindible para garantir os pedidos urxentes cun máximo do 25 % dos efectivos da quenda.

Neste ámbito de traballo cómpre garantir a dispoñibilidade de todo tipo de material, sanitario e non sanitario, para a correcta atención das persoas ingresadas e das atendidas no servizo de urxencias. Para iso é preciso manter efectivos nas unidades administrativas encargadas da tramitación e xestión dos pedidos de material.

– Almacén: un número imprescindible para a xestión do almacén cun máximo do 25 % dos efectivos da quenda.

Nesta área de actividade, ao igual que no caso anterior, é preciso unha dotación de efectivos nos almacéns encargados da xestión dos pedidos de material que inclúe a súa preparación e envío ás unidades de subministracións.

– Contabilidade: un número imprescindible para as xestións urxentes co máximo do 25 % dos efectivos da quenda.

É necesario garantir a tramitación e xestións de carácter urxente que poidan ser requiridas respecto ás tarefas administrativas de contabilidade.

f) Persoal de xestión e servizos da atención primaria:

1. Urxencias: un número de efectivos que garanta a cobertura do 100 % da actividade urxente.

Como se indicou anteriormente, os dispositivos de urxencias extrahospitalarias constitúen un servizo vital de atención ininterrompida durante as 24 horas e todos os días do ano, sendo imprescindible para a prestación do servizo a existencia de persoal de apoio ao persoal sanitario dos devanditos dispositivos.

2. Centros e ambulatorios de atención primaria:

– En centros con catro ou menos efectivos de persoal facultativo: 1 efectivo.

– En centros con cinco ou máis efectivos de persoal facultativo: 1 efectivo por centro e, en caso de teren varios andares, un máis por andar.

Un efectivo resulta o mínimo imprescindible para manter o soporte administrativo ás tarefas de xestión, información ás persoas usuarias e de apoio aos profesionais sanitarios para a realización do seu traballo. No caso dos centros de atención primaria de maior tamaño, distribuídos en varios andares, faise preciso un efectivo por andar co fin de garantir o mínimo imprescindible para manter o soporte administrativo ás devanditas tarefas de xestión, información e apoio.

3. Cobertura do 100 % da actividade dos equipos específicos de contacto para o cribado e vacinación en actividades relacionadas coa pandemia do SARS-CoV-2.

Na actual situación epidemiolóxica é necesario continuar durante todos os días da semana coa citación á cidadanía para os cribados á poboación onde existan altas taxas de incidencia. Da mesma maneira, a citación para a vacinación da poboación de máis de 80 anos non pode ser demorada, xa que se trata dun dos grupos de poboación máis vulnerables. Actualmente, tanto o cribado como a vacinación estanse realizando durante todos os días da semana, incluíndo domingos e festivos, e atrasar estas actividades suporía un risco engadido para as persoas afectadas e a propia saúde pública.

g) Persoal das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC): na quenda da mañá, 2 efectivos de presenza física por xerencia de área sanitaria; nas quendas da tarde e a noite, 2 efectivos localizados por xerencia.

h) Outras áreas de traballo ou servizos: establecerase con carácter xeral un número equivalente ao dos domingos ou festivos.

Nas restantes áreas de actividade nas cales sexa necesaria unha prestación continuada dos servizos para o seu correcto funcionamento, e que nese senso xa dispoñen de persoal os domingos e festivos, os mínimos necesarios son os que traballan de xeito habitual neses días, considerándose que por debaixo das citadas presenzas (que se cifran en dúas no caso do persoal informático) non se garante a prestación do servizo esencial que garanta o axeitado funcionamento das institucións sanitarias.

Artigo 2

A determinación do persoal necesario con base nos criterios anteriores faraa a dirección da correspondente xerencia ou entidade, e deberá estar adecuadamente motivada a súa fixación.

A xustificación debe constar no expediente de determinación de servizos mínimos e exteriorizarse axeitadamente para o xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.

O persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos taboleiros de anuncios con antelación ao comezo da folga.

A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos, que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio, será determinada pola dirección respectiva e notificada aos profesionais designados.

O persoal designado para a cobertura dos servizos mínimos que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro traballador ou traballadora que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.

No anexo desta orde recóllese o número de presenzas mínimas acordado para cubrir a xornada de folga no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia.

Artigo 3

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).

Artigo 4

O disposto nos artigos precedentes non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías das persoas usuarias dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base así mesmo nas normas vixentes.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2021

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Provincia da Coruña.

Área sanitaria da Coruña e Cee.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

15

8

7

Área Cirúrxica

54

35

35

Área Clínica/Hospitalización

44

25

25

SS.CC.

21

10

10

Persoal enfermeiro

Urxencias

26

29

23

Área Cirúrxica

17

17

16

Área Clínica/Hospitalización

170

145

125

SS.CC.

20

9

7

Matrona

6

4

4

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

228

138

98

Técnico/a especialista

34

48

27

Celador/a

52

60

41

Persoal administrativo

38

9

3

Traballo social

1

-

-

Mantemento

7

7

7

Telefonista

1

1

1

Pasador/a de ferro

12

12

-

Hostalaría

Cociñeiro/a

7

7

-

Pinche

60

60

2

Condutor/a

1

1

-

Lavandeiro/a

9

9

-

Persoal de informática

2

2

-

Hospital Virxe da Xunqueira-Cee.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

3

3

2

Área Cirúrxica

8

5

5

Área Clínica/Hospitalización

5

3

2

SS.CC.

2

1

1

Persoal enfermeiro

Urxencias

4

4

3

Área Cirúrxica

3

3

2

Área Clínica/Hospitalización

9

7

4

Paritorio

1

1

1

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

15

10

6

Técnico/a especialista

2

2

2

Persoal administrativo

3

2

1

– Servizos sanitarios de atención primaria.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

98

54

18

Pediatra

28

9

-

Persoal de enfermaría

92

45

17

Persoal non sanitario (servizos administrativos)

88

27

3

Celadores/as/PSX de PAC

-

14

14

Área sanitaria de Ferrol.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

7

6

4

Área Cirúrxica

20

12

12

Área Clínica/Hospitalización

26

12

12

SS.CC.

19

7

7

Persoal enfermeiro

Urxencias

11

11

10

Área Cirúrxica

13

4

4

Área Clínica/Hospitalización

62

42

37

SS.CC.

26

7

3

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

89

51

36

Técnico/a especialista

32

12

7

Celador/a

26

18

13

Persoal administrativo

42

7

4

Mantemento

4

4

4

Persoal de informática

2

2

2

Telefonista

1

1

1

Hostalaría

Cociñeiro/a

2

2

-

Pinche

22

22

-

Limpador/a

2

2

-

Condutor/a

1

-

-

Lavandaría

Lavandeiro/a

7

-

-

Pasador/a de ferro

6

-

-

– Servizos sanitarios de atención primaria.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

40

11

-

Médico/a de familia PAC’s

-

12

11

Pediatra

14

4

-

Odontólogo/a

1

-

-

Farmacéutico/a

1

-

-

Persoal de enfermaría

46

10

-

Persoal de enfermaría (PAC’s)

-

12

11

Outro persoal sanitario

1

-

-

Persoal non sanitario

36

12

-

Celador/a PAC’s

-

9

9

Limpeza Atención Primaria

1

1

-

Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

12

12

7

Área Cirúrxica

15

7

7

Área Clínica/Hospitalización

113

48

48

SS.CC.

23

16

11

Persoal enfermeiro

Urxencias

23

23

19

Área Cirúrxica

38

20

14

Área Clínica/Hospitalización

133

119

92

SS.CC.

67

31

10

Persoal Sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

208

136

87

Técnico/a especialista

60

32

13

Celador/a

65

53

35

Persoal administrativo

45

5

2

Mantemento

Mecánico/a

1

1

1

Electricista

1

1

1

Calefactor/a

1

1

1

Fontaneiro/a

1

1

-

Persoal informático

2

2

1

Telefonista

1

1

1

Hostalaría

Cociñeiro/a

5

3

-

Pinche

44

35

-

Condutor/a

1

1

-

Lavandaría

Lavandeira/o

6

-

-

Hospital da Barbanza.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

5

5

3

Área Cirúrxica

6

6

6

Área Clínica/Hospitalización

3

3

2

SS.CC.

5

3

2

Persoal enfermeiro

Urxencias

5

5

4

Área Cirúrxica

4

4

3

Área Clínica/Hospitalización

9

8

4

SS.CC.

4

3

-

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

18

13

7

Técnico/a especialista

3

3

2

Celador/a

4

3

1

Persoal de informática

1

1

1

Persoal administrativo

11

6

1

– Servizos sanitarios de atención primaria.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

92

40

23

Pediatra

33

6

-

Persoal de enfermaría

112

35

22

Persoal de servizos xerais

73

27

11

Auxiliar administrativo/a

5

1

-

Celador/a

2

10

8

Provincia de Lugo.

Área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.

Complexo Hospitalario Lucus Augusti.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

11

12

8

Área Cirúrxica

31

17

17

Área Clínica/Hospitalización

41

12

12

SS.CC.

33

9

8

Matrona

3

3

3

Persoal enfermeiro

Urxencias

12

13

10

Área Cirúrxica

7

7

7

Área Clínica/Hospitalización

88

63

59

SS.CC.

24

12

4

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

103

75

50

Técnico/a especialista

26

21

9

Celador/a

31

29

17

Persoal administrativo

30

7

2

Mantemento

4

4

4

Telefonista

1

1

1

Hostalaría

Cociñeiro/a

5

1

-

Pinche cociña

35

27

-

Pinche lenzaría

5

4

-

Condutor/a

1

-

-

Persoal de informática

2

2

2

Hospital Comarcal de Monforte.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

3

3

3

Área Cirúrxica

9

9

9

Área Clínica/Hospitalización

4

4

4

SS.CC.

8

5

5

Matrona

1

1

1

Persoal enfermeiro

Urxencias

5

5

4

Área Cirúrxica

2

2

2

Área Clínica/Hospitalización

11

11

5

SS.CC./REA

7

1

1

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

15

14

9

Técnico/a especialista

5

5

2

Celador/a

10

6

4

Persoal administrativo

7

1

1

Mantemento

2

2

2

Telefonista

1

1

-

Hostalaría

Cociñeiro/a

1

1

-

Pinche

5

5

-

Pasador/a de ferro

2

-

-

Lavandaría

2

-

-

Hospital da Mariña.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

4

3

2

Área Cirúrxica

12

11

11

Área Clínica/Hospitalización

6

3

3

SS.CC.

7

2

2

Persoal enfermeiro

Urxencias

5

5

4

Área Cirúrxica

5

2

2

Área Clínica/Hospitalización

28

21

14

SS.CC.

3

-

-

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

33

24

13

Técnico/a especialista

6

4

2

Celador/a

10

8

5

Persoal administrativo

16

3

1

Mantemento

2

2

2

Telefonista

1

1

-

Hostalaría

Cociñeiro/a

1

1

-

Pinche

5

5

-

Condutor/a

-

-

-

Lavandaría

1

-

-

– Servizos sanitarios de atención primaria de Lugo.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo (médicos, pediatras, odontólogos)

122

41

25

Persoal de enfermaría

110

50

25

Persoal de servizos xerais

76

20

7

Auxiliar administrativo

5

-

-

Celador/a

3

14

12

Oficios

-

-

-

Provincia de Ourense.

Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal Facultativo

Urxencias

8

7

4

Área Cirúrxica

32

8+8 (1)

7+8 (1)

Área Clínica/Hospitalización

56

10+2 (1)

8+3 (1)

SS.CC.

58

13+4 (1)

12+4 (1)

Matrona

2

2

2

Fisioterapeuta

2

-

-

Persoal enfermeiro

Urxencias

12

13

10

Área Cirúrxica

19

13

13

Área Clínica/Hospitalización

78

70

57

SS.CC.

17

11

11

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

123

97

73

Técnico/a especialista

17

14

7

Técnico/a dietética

1

2

-

Celador/a

61

48

29

Persoal administrativo

Admisión e apoio asistencial

27

6

2

Persoal, secretaría e atención ao Paciente

3

-

-

Telefonista

2

2

1

Hostalaría

Cociñeiro/a

4

4

-

Pinche

35

28

-

Condutor/a

1

-

-

Lenzaría, limpeza, servizos

4

-

-

Perruqueiro/a

1

-

-

Información e recepción

3

3

-

Informática

2

2

-

(1) En persoal facultativo inclúense como sumandos gardas de presenza física e localizadas.

Hospital Comarcal de Valdeorras.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

3

2

2

Área Cirúrxica

3

2

2

Área Clínica/Hospitalización

9

6

6

SS.CC.

5

3

3

Persoal enfermeiro

Urxencias

2

2

2

Área Cirúrxica

2

2

2

Área Clínica/Hospitalización

8

7

6

SS.CC.

9

3

2

Matrona

1

1

1

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

16

11

6

Técnico/a especialista

4

2

2

Celador/a

8

7

3

Persoal administrativo

13

1

1

Mantemento

2

2

1

Telefonista

1

1

-

Hostalería

Cociñeiro/a

1

1

-

Pinche

4

4

-

Lavandaría

Lavandeira/o

2

-

-

Hospital de Verín.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

3

3

3

Área Cirúrxica

4

4

4

Área Clínica/Hospitalización

5

1

1

SS.CC.

4

-

-

Persoal enfermeiro

Urxencias

2

2

3

Área Cirúrxica

2

2

2

Área Clínica/Hospitalización

6

4

4

SS.CC.

1

-

-

Matronas

1

1

1

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

8

8

4

Técnico/a especialista

2

2

2

Celador/a

6

4

3

Persoal administrativo

7

2

1

– Servizos sanitarios de atención primaria.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

120

39

24

Pediatra

16

3

-

Persoal de enfermaría

110

36

17

Outro persoal sanitario

12

-

-

Persoal de xestión e servizos: citación

80

10

-

Persoal de xestión e servizos: servizos administrativos e mantemento

13

-

-

Celador/a de PAC

-

15

14

Provincia de Pontevedra.

Área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.

Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

9

9

6

Área Cirúrxica

56

19

18

Área Clínica/Hospitalización

50

12

12

SS.CC.

22

4

4

Persoal enfermeiro

Urxencias

9

9

8

Área Cirúrxica

19

9

6

Área Clínica/Hospitalización

49

46

44

SS.CC.

42

20

8

Matrona

2

2

2

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

99

67

51

Técnico/a especialista

17

9

7

Celador/a

43

39

20

Persoal informática

2

2

2

Persoal administrativo

66

6

3

Mantemento

6

3

2

Telefonista

2

2

1

Hostalaría

Cociñeiro/a

2

2

-

Pinche

14

14

-

Condutor/a

1

-

-

Lavandeiro/a

8

-

-

Hospital do Salnés.

Servizos mínimos

Maña

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

5

5

3

Área Cirúrxica

12

4

4

Área Clínica/Hospitalización

7

3

2

SS.CC

5

2

2

Persoal enfermeiro

Urxencias

7

7

5

Área Cirúrxica

4

2

2

Área Clínica/Hospitalización

14

8

8

SS.CC

1

-

-

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

17

15

12

Técnico/a especialista

4

4

2

Matrona

2

2

2

Celador/a

6

6

3

Persoal administrativo

8

2

1

– Servizos sanitarios de atención primaria.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico de familia

59

26

12

Pediatra

20

4

-

Persoal de enfermaría

61

23

11

Persoal non sanitario

51

21

9

Área sanitaria de Vigo.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

14

14

9

Área Cirúrxica

66

35

35

Área Clínica/Hospitalización

67

27

24

SS.CC.

35

10

9

Matrón/a

5

5

5

Fisioterapeuta, logopeda e terapeuta ocupacional

-

-

-

Persoal de enfermaría

Urxencias

21

22

16

Área Cirúrxica

51

27

24

Área Clínica/Hospitalización

132

97

84

SS.CC.

35

9

5

Persoal sanitario FP

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

188

133

88

Técnico/a especialista

43

27

14

Celador/a

112

78

51

Persoal administrativo

45

12

4

Mantemento

5

4

3

Telefonista

2

2

2

Condutor/a

1

-

-

Informática

2

2

2

– Servizos sanitarios de atención primaria de Vigo.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Médico/a de familia

84

37

-

Pediatra

33

11

-

Médico/a de familia PAC

-

19

19

Persoal de enfermaría

Enf. Equipos cribado e vacinación

19

-

-

Enfermeiro/a

89

33

-

Enfermeiro/a PAC

-

19

19

Técnico/a coidados aux. enfermaría

10

-

-

Persoal de xestión e servizos

Persoal de servizos xerais

43

22

-

Auxiliar administrativo/a

13

5

-

PSX citación PCR e vacinación

21

-

-

Celador/a

3

-

-

PSX-celador/a PAC

-

11

11

Telefonista/PSX

-

1

1

Condutor/a

-

2

2

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Localidade

Servizo

Categoría

Mañá

Tarde

Noite

Ourense

Medicina nuclear

Facultativo/a

1

-

-

Enfermeiro/a

1

-

-

Técnico/a especialista

1

-

-

PSX/celador/a

1

-

-

Santiago

Ciclotrón

Facultativo/a

1

-

1 (1)

Técnico/a laboratorio

1

-

2

Técnico/a mantemento

1

-

1

Estrutura administrativa

Persoal administración

2

-

-

UTPR

Facultativo/a

1

-

-

Vigo

Diagnóstico por imaxe unidade móbil

Facultativo/a

1

-

-

Enfermeiro/a

3

-

-

Técnico/a especialista

3

-

-

PSX/celador/a

1

-

-

Estrutura administrativa

Persoal administración

1

-

-

Medicina nuclear-PET

Facultativo/a

1

2

1 (1)

Enfermeiro/a

2

3

1

Técnico/a especialista

1

3

-

TCAE

1

-

-

PSX/celador/a

1

1

-

Oncoloxía radioterápica

Facultativo/a

3

2

1

Enfermeiro/a

2

1

-

Técnico/a especialista

8

6

6

TCAE

2

1

-

PSX/celador/a

2

1

1

Radiofísica

Facultativo/a

3

1

1

Técnico/a especialista

2

1

-

(1) Localizado

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS).

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Hematólogo/a

2

-

-

Médico/a hemodoazón

10

9

-

Persoal sanitario non facultativo

Control calidade

1

1

-

HLA

1

1

-

Criobioloxía

1

1

-

Procesamento

1

1

1 (1)

Fraccionamento

5

5

1 (1)

Hemodoazón

14

14

-

Persoal non sanitario

Administración

7

-

-

Promoción

1

-

-

Hemodoazón

6

5

-

(1) Un en quenda de garda.

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Médico/a coordinador/a

6+1 (1)

6+1 (1)

3

Médico/a asistencial base ambulancia

12

12

12

Médico/a asistencial base helicóptero

2 (2)

2 (2)

-

Persoal sanitario non facultativo

Enfermeiro/a de consulta sanitaria

1+1 (3)

1+1 (3)

1+1 (3)

Enfermeiro/a base ambulancia

16

16

12

Enfermeiro/a base helicóptero

2 (2)

2 (2)

-

Persoal non sanitario

Tecnoloxía

1

-

-

Recursos Humanos

1

-

-

Secretarios/as

4

-

-

(1) Aos seis efectivos na quenda de mañá hai que sumarlle un en horario de 10.00 a 16.00 horas. Aos seis efectivos na quenda de tarde hai que sumarlle un en horario de 16.00 a 23.00 horas.

(2) Están operativos de orto a ocaso.

(3) Ao efectivo en quenda hai que sumarlle un reforzo por emerxencia sanitaria en horario de 9.00 a 21.00 horas e de 21.00 a 9.00 horas.

Fundación Pública Instituto Galego de Oftalmoloxía (INGO).

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

1

-

-

Persoal de xestión e servizos

1

-

-