Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 26 de outubro de 2021 Páx. 52467

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predios, ditada ao abeiro do artigo 135 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

En aplicación do disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen que fose posible efectuala por causa non imputable a esta administración e, en aplicación do disposto nos artigos 44 a 46 do mesmo texto legal, procedemos á publicación da referencia do expediente e da referencia catastral dunha parcela en situación de risco de incendio, ao resultar descoñecido o enderezo postal do titular, tras a notificación infrutuosa no domicilio coñecido, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte aos incendios forestais, advertíndolle expresamente da execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 136.4 da Lei 2/2016.

O texto íntegro da orde de execución atópase á disposición da interesada no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Polígono-parcela-lugar

Interesada

Referencia catastral

Gestiona 1269/2021

Urb. 48/2021

Polígono 16, parcela 167

Matovello-Pedornes

Rosa Álvarez González

36036A016001670000QL

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 17 de setembro de 2021

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa