Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 26 de outubro de 2021 Páx. 52409

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2021 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para cubrir unha praza vacante da categoría profesional de enxeñeiro/a técnico/a industrial.

Mediante Resolución do 25 de marzo de 2021 (DOG do 12 de abril e BOE do 20 de setembro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de enxeñeiro/a técnico/a industrial, pola quenda de acceso libre.

No Diario Oficial de Galicia do 11 de agosto de 2021 publicase unha corrección de erros á Resolución do 25 de marzo.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendaren os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou a omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela