Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Peticionario: BEGASA.
Domicilio social: rúa Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Denominación: reforma e anelado CT 1552 Valiña.
Situación: concello de Lugo.
Visado: si, Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia con número de visado 20210584, con data 25 de febreiro de 2021.
Características técnicas principais:
• LMT soterrada con orixe nun empalme realizado nunha arqueta coa LMT Aceña de Olga, dirección CT Aceña de Olga 8 (5736), entra e sae no CT Valiña (1552) e remata nun empalme realizado noutra arqueta coa LMT Aceña de Olga, dirección CT Aceña de Olga 7 (14722), cunha lonxitude de 530 metros en condutor tipo RHZ1-240.
• Reforma do CT non prefabricado (1552) Valiña, cunha potencia instalada de 315 kVA e unha potencia máxima admisible de 630 kVA e relación de transformación 20.000/400-230, consistente en:
Substitución da aparellaxe ao aire existente por dúas celas de liña e unha de protección de SF6, substitúense tamén o cadro de baixa tensión, o circuíto de terras, o de iluminación e o de emerxencia.
Finalidade da instalación: mellora de instalacións.
Orzamento: 49.211,26 €.
Documentación complementaria:
• Separata para o Concello de Lugo.
Esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá realizala un técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a correcta vixilancia das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 15 de outubro de 2021
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo