Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 26 de outubro de 2021 Páx. 52460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 8 de outubro de 2021 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes de axudas para a adquisición de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 para o ano 2021 (código de procedemento VI435A).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Técnica de Fomento, Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), do Instituto Galego da Vivenda e Solo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego
da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

NIF/NIE

Acto obxecto de notificación

ADQ-194/2021

46914638C

Resolución