Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 26 de outubro de 2021 Páx. 52458

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 6 de outubro de 2021 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes do bono de alugueiro social (códigos de procedemento VI482A e VI482C).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Técnica de Fomento, Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), do Instituto Galego da Vivenda e Solo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Nº de expediente

NIF

Acto obxecto de notificación

BONOV-036/2021

****5479*

Resolución de desistencia da solicitude de subvención

BONOV-058/2021

****3610*

Requirimento de emenda da solicitude de subvención

BONOV-063/2021

***8673**

Requirimento de emenda da solicitude de subvención

BONOV-005/2020

****9138*

Requirimento de emenda da solicitude de subvención

BONAL-036/2021

****3989*

Requirimento de emenda da solicitude de subvención

BONAL-058/2021

***5236**

Requirimento de emenda da solicitude de subvención

BONAL-073/2021

***4553**

Requirimento de emenda da solicitude de subvención