Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 25 de outubro de 2021 Páx. 52072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilamarín (expediente IN407A 2021/71-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense o día 24 de maio de 2021 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2223 do Coeticor, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable achegada.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Domicilio: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense

Denominación: recuamento CT3, parque empresarial, polígono 81, parcela 207 (Vilamarín).

Situación: concello de Vilamarín (Ourense).

Orzamento: 64.132,05 €.

Características técnicas:

– Substitución do tramo de LMT entre apoio núm.: 30-55 e novo apoio proxectado núm.: 30-56, do tipo C 14/4500-H35-CA, con paso A/S, en condutor LA-56.

– Nova LMTS en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240), con E/S en CT proxectado.

– CT parque empresarial de Vilamarín, con celas: 2L1P, prefabricado con envolvente de formigón, telecontrolado GSM/GPRS/FO; con material illante en aceite mineral, de 1.000 kVA de potencia aparente e R/T: 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 30 de setembro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense