Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 25 de outubro de 2021 Páx. 52102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se acorda a remisión do expediente e o emprazamento aos interesados no procedemento ordinario 125/2021, do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo, contra a resolución pola que se publica a lista definitiva de aspirantes seleccionados e non seleccionados no proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo a pé no ámbito territorial da Confraría de Pescadores de Pontevedra.

A Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Vigo recibiu un decreto do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo en que se require a remisión do expediente e práctica dos emprazamentos relativos ao procedemento ordinario 125/2021 formulado por Eloy García Besada fronte á desestimación do recurso de alzada interposto contra a Resolución do 22 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Vigo, pola que se publica a lista definitiva de aspirantes seleccionados e non seleccionados no proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo a pé no ámbito territorial da Confraría de Pescadores de Pontevedra.

En consecuencia, esta xefatura territorial acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido tribunal. Notifícase para o xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que se poidan persoar como parte, se o consideran oportuno, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo, no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 7 de outubro de 2021

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo