Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 25 de outubro de 2021 Páx. 52049

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social

ORDE do 8 de outubro de 2021 pola que se declara deserto un posto vacante nesta consellería convocado para a súa provisión, polo sistema de libre designación, pola Orde do 1 de marzo de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 46, do 9 de marzo).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Consellería de Política Social, mediante a Orde do 1 de marzo de 2021 (DOG núm. 46, do 9 de marzo), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderá impugnarse directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2021

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social

ANEXO

Denominación do posto: secretario/a do/da director/a xeral.

Código: PS.C06.00.000.15770.001 (actualmente código PS.C07.00.000.15770.001).

Nivel: 18.

Dependencia: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Localidade: Santiago de Compostela.