Correspóndelle ao presidente da Fundación Manuel Ventura Figueroa, en virtude da delegación efectuada polos membros do Padroado na súa reunión do día 30 de abril de 2021, aprobar a convocatoria das axudas ao estudo para o curso académico 2021/22, con suxeición ás bases da convocatoria cuxo texto pode consultarse na seguinte páxina web https://sites.google.com/site/fundacionmvfigueroa/.
Os interesados poderán presentar as súas solicitudes no lugar e durante o prazo establecidos na convocatoria mediante o modelo que figura como anexo dela.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2021
Román Rodríguez González
Presidente do Padroado da Fundación Manuel Ventura Figueroa