Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 22 de outubro de 2021 Páx. 51495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 19 de outubro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, da exposición pública do anteproxecto de lei de artesanía de Galicia.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 7 do Decreto 111/1984, do 25 de maio, polo que se aproba o Regulamento de réxime interior da Xunta de Galicia, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación pon á disposición pública o anteproxecto de lei de artesanía de Galicia.

O texto do anteproxecto de lei poderase consultar no portal de transparencia e goberno aberto da Xunta de Galicia, na seguinte ligazón: https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions/-/nt/0570/anteproxecto-lei-artesania-galicia

As organizacións, as asociacións e a cidadanía, en xeral, poden facer as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que consideren oportunas a este anteproxecto de lei ata o 16 de novembro de 2021.

As referidas proposicións, suxestións ou recomendacións poderán realizarse a través do formulario disposto para este fin na ligazón do portal indicado. Así mesmo, poderán presentarse nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2021

Pablo Casal Espido
Secretario xeral técnico da Vicepresidencia
Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación