Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 21 de outubro de 2021 Páx. 51362

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2021 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato de servizo de apoio técnico no proceso de redacción do plan director de saneamento do sistema de saneamento en alta do concello de Betanzos (expediente OH.715.1181).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as airectivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 71311000-1 (servizos de consultaría en enxeñaría civil).

4. Código NUTS do lugar principal do servizo: ES111; Betanzos (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de apoio técnico no proceso de redacción do plan director de saneamento do sistema de saneamento en alta do concello de Betanzos. Betanzos (A Coruña). Clave do expediente OH.715.1181.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 357.575,07 euros. Importe total: 432.665,83 euros.

8. Valor estimado do contrato: 357.575,07 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 14 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e, en aplicación destes, seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 49 %), descrición da metodoloxía proposta (ponderación 42 %), organización da execución dos traballos (ponderación 7 %) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (ponderación 2 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 21 de abril de 2021.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 10.

12.2. Ofertas de pequenas e medianas empresas: 10.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 21 de maio de 2021.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Idom Consulting Engineering Architecture, S.A.

14.2. NIF: A48283964.

14.3. Enderezo: avda. de Lugo, 151-153, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Teléfono: 629 21 09 51.

14.6. Fax: 981 58 34 17.

14.7. Correo electrónico: idomsantiago@idom.com

14.8. Pequena ou mediana empresa: non.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 264.850,00 euros. Importe total: 320.468,50 euros.

16. Información sobre o contrato relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos»; prioridade de investimento 6.2 «O investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos»; obxectivo específico 6.2.1 «Culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga»; actuación 6.2.1.2 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO) «Reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas»; operación «Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Ares-Betanzos». Unha maneira de facer Europa.

Deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do cal se pode obter información sobre o contrato formalizado:

17.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfono: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: o anuncio de licitación foi enviado o 7 de agosto de 2020 ao Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), e o anuncio publicouse no DOUE nº 2020/S 155-379451, do 12 de agosto de 2020.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Data de envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 7 de agosto de 2020.

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: 12 de agosto de 2020.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 12 de agosto de 2020.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 21 de abril de 2021.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 21 de maio de 2021.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no Diario Oficial de la Unión Europea: 28 de maio de 2021.

Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 28 de maio de 2021.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2021

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia