O Pleno da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, en sesión extraordinaria do 21 de maio de 2021, aprobou inicialmente o orzamento xeral, as bases de execución e o anexo de persoal para o exercicio 2021. Unha vez expostos ao público en cumprimento do artigo 169.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, por un prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia núm. 116, do 21 de xuño de 2021, sen que durante o dito prazo foran presentadas reclamacións, esta aprobación elevouse automaticamente a definitiva, polo que en cumprimento do disposto no artigo 169.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, publícase o contido resumido por capítulos do orzamento definitivamente aprobado no estado de gastos e ingresos co seguinte detalle:
Estado de gastos |
Estado de ingresos |
||||
Capítulo |
Denominación |
Importe (euros) |
Capítulo |
Denominación |
Importe (euros) |
1 |
Gastos de persoal |
3.600,00 |
1 |
Impostos directos |
0,00 |
2 |
Gastos correntes en bens e servizos |
34.087,33 |
2 |
Impostos indirectos |
0,00 |
3 |
Gastos financeiros |
400,00 |
3 |
Taxas, prezos públicos e outros ingresos |
0,00 |
4 |
Transferencias correntes |
0,00 |
4 |
Transferencias correntes |
38.087,33 |
5 |
Ingresos patrimoniais |
0,00 |
|||
6 |
Investimentos reais |
0,00 |
6 |
Alleamento de investimentos reais |
0,00 |
7 |
Transferencias de capital |
0,00 |
7 |
Transferencias de capital |
0,00 |
8 |
Activos financeiros |
0,00 |
8 |
Activos financeiros |
0,00 |
9 |
Pasivos financeiros |
0,00 |
9 |
Pasivos financeiros |
0,00 |
Total gastos |
38.087,33 |
Total ingresos |
38.087,33 |
De conformidade co sinalado no artigo 169.5 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, o citado orzamento entrará en vigor unha vez publicada a súa aprobación definitiva, a cal terá efectos do 1 de xaneiro.
Esta aprobación poderá ser impugnada ante a xurisdición contencioso-administrativa, cos requisitos, formalidades e causas sinaladas nos artigos 170 e 171 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e na forma e nos prazos que establecen as normas desa xurisdición.
Sarria, 23 de setembro de 2021
Claudio Garrido Martínez
Presidente da Mancomunidade de Concellos Galegos
do Camiño Francés