Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 21 de outubro de 2021 Páx. 51357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2021 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas Bedi II, Charmou I, Genaro II e Panisse VI.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Bedi II, Charmou I, Genaro II e Panisse VI e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escritos do 22 de setembro de 2021, Víctor Luis Dios Otero solicitou autorización para a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas Bedi II, Charmou I, Genaro II e Panisse VI.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Juan Manuel Dios Otero (***1495**), Belarmino Dios Otero (***1850**), Benito Dios Otero (***2312**), Dolores Oliveira Caneda (***3389**), Víctor Luis Dios Otero (***4693**), Víctor Dios Guillán (***8250**) e Mariña Dios Guillán (***8250**), das concesións que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Bedi II.

Situación:

Cuadrícula nº: 37.

Polígono: A.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 23.5.1969.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Charmou I.

Situación:

Cuadrícula nº: 100.

Polígono: A.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 4.12.1963.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Genaro II.

Situación:

Cuadrícula nº: 16.

Polígono: C.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 28.9.1973.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Panisse VI.

Situación:

Cuadrícula nº: 185.

Polígono: C.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 23.10.1963.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Juan Manuel Dios Otero (***1495**), Belarmino Dios Otero (***1850**), Benito Dios Otero (***2312**), Dolores Oliveira Caneda (***3389**), Víctor Luis Dios Otero (***4693**) e Emilia Guillán Santiago (***5039**).

Novos titulares: Juan Manuel Dios Otero (***1495**), Belarmino Dios Otero (***1850**), Benito Dios Otero (***2312**), Dolores Oliveira Caneda (***3389**), Víctor Luis Dios Otero (***4693**), Víctor Dios Guillán (***8250**) e Mariña Dios Guillán (***8250**).

Os novos titulares das concesións subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 24 de setembro de 2021

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo