Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 20 de outubro de 2021 Páx. 51168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforzo LMTA, LMTS na LMT LAL805, no concello de Forcarei, do cal resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2021/55-4).

A instalación denominada reforzo LMTA, LMTS na LMT LAL805, no concello de Forcarei, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 10 de xuño de 2021, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 30 de novembro de 2021, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Forcarei.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lle comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, informándolles de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 20 de agosto de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Reforzo LMTA, LMTS na LMT LAL805

Referencia catastral

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Nº apoio

m2 solo

ml sub.

m2 subsolo

Concello

36018A275004450000JL

Millerada

Prado

José Máximo López Vilaboa

1

17,32

0,1

0,88

Forcarei

36018A043000150001MX

Carballiño

Prado

Azucena Guzmán Cardesín

2

8,81

Forcarei