Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 20 de outubro de 2021 Páx. 51173

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 5 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN407A 2016/1238-1, no concello de Oleiros.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio, convócase todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada anexo I recuamento LMT SAD-704 contorna faro de Mera, no concello de Oleiros (expediente IN407A 2016/1238-1), correspondentes ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas dependencias da súa casa do concello.

A Coruña, 5 de outubro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/1238-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: anexo I recuamento LMT SAD-704 contorna faro de Mera.

Concello: Oleiros.

Predio

Titularidade proposta

Data

Hora

5

Descoñecida

9.12.2021

12.30