Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 20 de outubro de 2021 Páx. 51195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de setembro de 2021, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o levantamento de actas previas á ocupación ao non se poderen efectuar as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/19/126.06.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo o levantamento de actas previas á ocupación do expediente expropiatorio polas obras da senda e reparación de beirarrúas na PO-549, de clave PO/19/126.06, que terán lugar na Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa o día 26 de outubro de 2021, e na Casa de Cultura de Corón-Vilanova de Arousa o día 27 de outubro de 2021.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre bens afectados, por si mesmas ou representadas por persoal debidamente autorizado, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

As persoas poden tomar vista do expediente no Servizo Provincial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 24 de setembro de 2021

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

Día

Hora

1

36060A03000328

Beatriz Ozores Urcola

26.10.2021

10.00

1

36060A03000328

Hros. de Dolores Urcola Zuloaga

26.10.2021

10.00

1

36060A03000328

Hros. de Gonzalo Ozores de Urcola

26.10.2021

10.00

1

36060A03000328

Ignacio Muñoz Ozores

26.10.2021

10.00

1

36060A03000328

Silvia Ozores Henríquez de Luna

26.10.2021

10.00

3

36061A02800208

Hros. de Rosa Lago Rodríguez

27.10.2021

9.15

4

36061A02800671

José Fernández Triñanes

27.10.2021

9.30

14

36061A02900637

Hros. de Ramón Paz Conde

27.10.2021

12.00

15

36061A02900613

María Luisa Barbosa Ochoa

27.10.2021

12.15

16

36061A02900648

Rosa Nogueira Ochoa

27.10.2021

12.30

18

36061A03000116

Manuel Ochoa Tourís

27.10.2021

13.00

19

36061A02100077

María Dolores Rey Nogueira

27.10.2021

13.15