Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 20 de outubro de 2021 Páx. 51185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 4 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas 46728 e catro máis.

Intentada a notificación da resolución da súa solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas ás persoas interesadas que se especifican no anexo, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os/as interesados/as poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (tarxeta sanitaria), sita na avenida de Zamora, nº 13, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lles sirva de notificación aos/ás interesados/as en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos/das interesados/as que a resolución relacionada no anexo non esgota a vía administrativa e poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015 citada.

Ourense, 4 de outubro de 2021

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE/PAS

Data da resolución

46728

FR295484

24.6.2021

48192

Y7822112X

27.4.2021

48668

X8647265R

13.5.2021

48934

A02715717

4.6.2021

50572

VL0194862

13.8.2021