Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 19 de outubro de 2021 Páx. 50985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade S. Coop. Galega del Mar San Miguel de Marín.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no artigo 53, establécese a obrigatoriedade de publicar, no Diario Oficial de Galicia, a modificación do artigo 4 dos estatutos sociais (cambio de enderezo social) da entidade, S. Coop. Galega del Mar San Miguel de Marín, acordada na asemblea xeral do 10 de xuño de 2021, por unanimidade. O novo domicilio social da cooperativa é o edificio de operacions portuarias-planta baixa do porto de Marín. Por isto,

RESOLVO:

Dispor a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 4 dos estatutos (cambio enderezo social) da S. Coop. Galega del Mar San Miguel de Marín.

Vigo, 4 de outubro de 2021

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra