Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 19 de outubro de 2021 Páx. 50966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do parque eólico Estivada, situado nos concellos de Agolada (Pontevedra) e Antas de Ulla (Lugo), e promovido por Green Capital Power, S.L. (expediente IN408A/2019/17).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotor: Green Capital Power, S.L.

Enderezo social: Torre Serrano, r/ Marqués de Villamagna, nº 3, 5º andar, 28001 Madrid.

Denominación do proxecto: parque eólico Estivada.

Concellos afectados: Agolada (Pontevedra) e Antas de Ulla (Lugo).

Potencia que se instalará: 36 MW.

Produción neta anual estimada: 132.099 MWh/año.

Orzamento de execución material (sen IVE): 28.036.280,51 €.

Localización (área de afección):

Vértices poligonal

Parque eólico Estivada

ETRS89

X UTM H29

Y UTM H29

1

583.257

4.472.770

2

584.572

4.472.770

3

584.572

4.740.486

4

583.257

4.737.972

5

582.766

4.737.972

6

582.766

4.740.582

7

583.257

4.740.582

Localización dos aeroxeradores:

Aeroxeradores

Parque eólico Estivada

ETRS89

Concellos

X UTM H29

Y UTM H29

ES01

583.694

4.742.554

Agolada

ES02

584.027

4.742.259

Agolada

ES03

584.066

4.741.821

Antas de Ulla

ES04

584.051

4.740.947

Antas de Ulla

ES05

583.475

4.740.440

Antas de Ulla

ES06

583.434

4.740.000

Antas de Ulla

ES07

583.349

4.739.554

Antas de Ulla

ES08

583.409

4.739.115

Antas de Ulla

Localización da subestación:

Subestación

PE Estivada

Parque eólico Estivada

ETRS89

X UTM H29

Y UTM H29

584.139

4.741.151

Localización da torre de medición:

Torre de medición

Parque eólico Estivada

ETRS89

X UTM H29

Y UTM H29

583.639

4.742.218

As características técnicas principais das instalacións de xeración, transformación e interconexión do parque eólico son as seguintes:

• 8 aeroxeradores modelo Siemens Gamesa SG145 de 4,5 MW de potencia nominal unitaria, cunha altura de buxa de 127,5 metros e cun diámetro de rotor de 145 metros.

• 8 centros de transformación, instalados unitariamente no interior de cada aeroxerador, formados por transformadores de 5.625 kVA de potencia aparente e relación de transformación 30/0,69 kV, celas de media tensión de 30 kV e os correspondentes equipamentos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

• Rede subterránea de media tensión (30 kV), con condutor de aluminio tipo XLPE 18/30 kV, para a evacuación da enerxía xerada e interconexión entre os centros de transformación 30/0,69 kV e a subestación colectora Estivada 132/30 kV.

• Subestación transformadora 30/132 kV, con edificio de control, transformador de potencia trifásico de 60/75 MVA ONAN/ ONAF, transformador de servizos auxiliares de 50 kVA de potencia nominal e relación de transformación 30/0,42 kV, equipos de seccionamento, medida, protección, telemando e demais elementos auxiliares.

• Rede de terras xeral con condutor Cu-50 mm².

• 1 torre meteorolóxica de 127,5 m de altura.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito á avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto polo artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación, relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: o proxecto de execución, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de interese supramunicipal (proxecto de interese autonómico).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía das xefaturas territoriais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 5º andar, 36071 Pontevedra) e de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa respectivamente, no teléfono 986 80 52 39 e no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 88 90 87/982 29 46 66, así como nos concellos de Agolada (Pontevedra) e de Antas de Ulla (Lugo), e na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico subdireccion.enerxia@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 45 79/981 54 55 73. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A citada documentación estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 4º andar, 36071 Pontevedra) e de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, 2º andar, 27071 Lugo).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que as persoas interesadas poidan examinar a documentación técnica e presentar as obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2021

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética
e Recursos Naturais