Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 18 de outubro de 2021 Páx. 50839

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de setembro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución do recurso de reposición contra a clasificación do Monte Veciñal en Man Común Louseiras, no concello de Vilalba (expediente 4/2020).

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 13.9.2021 figura o seguinte acordo:

Monte Louseiras (expediente 4/2020), pertencente aos veciños de San Xoán de Alba, concello de Vilalba.

O 16.6.2021 tivo entrada un recurso de reposición, presentado por Juan Manuel Carretero López, contra o acordo do Xurado do 2.6.2021, de clasificación do MVMC Louseiras. En síntese, manifesta non estar de acordo coa clasificación porque non respecta a división parroquial de Alba e Torre, cuxos montes son estremeiros.

O 9.9.2021, o Servizo de Montes emite un informe en que expón que non existen deslindamentos oficiais dos termos parroquiais e que esta indeterminación imposibilita que se poidan usar como base cartográfica para delimitar os montes. Así mesmo, a pesar de que a cartografía derivada do expediente de clasificación é detallada, isto non impide que se leve a cabo un procedemento de deslindamento posterior entre os montes veciñais das ditas parroquias, coas correspondentes variacións dos seus perímetros.

Examinado o recurso, o Xurado, por unanimidade, acorda desestimalo, de conformidade cos fundamentos que se recollen na correspondente resolución.

Contra esta resolución, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 27 de setembro de 2021

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo