Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 15 de outubro de 2021 Páx. 50573

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 27 de setembro de 2021 polo que se notifica o acordo de cambio de instrutor no expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/24/2020.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 8.9.2021, ditou acordo de cambio de instrutor no expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/24/2020, tramitado pola realización de obras dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Punta Couso, Vilanova, parroquia de Santo André do Hío, no termo municipal de Cangas (Pontevedra).

Ao non poder realizarse a notificación persoal do acordo ao interesado con documento nacional de identidade número 52499201E, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado o devandito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, faise saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado poderá promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do expediente, mediante escrito en que se expresará a causa ou causas en que se funde, de conformidade co disposto nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Para que conste e lle sirva de notificación ao destinatario enriba indicado, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística