Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 15 de outubro de 2021 Páx. 50511

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 5 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto LAT 132 kV SET parque eólico Troitomil-LAT 132 kV SET parque eólico Banzas/SET colectora Lousame, nos concellos da Baña e Negreira (A Coruña) (expediente IN408A 2020/153).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia e demais normas vixentes de aplicacións, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/Promotora: Green Capital Power, S.L. (CIF: B85945475).

Domicilio social: r/ Marqués de Villamagna, nº 3, andar 5º, 28001 Madrid.

Enderezo para os efectos de notificacións: r/ Fernando de Casas Novoa, nº 35, bloque B, andar 2º, porta B, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación do proxecto: LAT 132 kV SET PE Troitomil, LAT 132 kV SET PE Banzas/SET colectora Lousame.

Nº de expediente: IN408A 2020/153.

Concellos afectados: A Baña e Negreira (A Coruña).

Orzamento de execución material: 1.982.045,17 €.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Obxecto da actuación:

Co fin de evacuar a enerxía eléctrica xerada nos parques eólicos proxectados e promovidos por Green Capital Power, S.L.:

• Parque eólico Barrosino, de 13,5 MW, con nº de expediente IN408A 2019/030.

• Parque eólico Vilartoxo, de 27,0 MW, con nº de expediente IN408A 2019/044.

• Parque eólico Troitomil, de 30,0 MW, con nº de expediente IN408A 2017/024.

Proxectase unha liña de alta tensión (LAT), con inicio no pórtico situado no interior da subestación eléctrica (SET) 30/132 kV do parque eólico Troitomil e fin no apoio 16 da LAT 132 kV SET PE Banzas/SET colectora Lousame, incluida na solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Maragouto e Banzas. Tanto a SET Troitomil (nº de expediente IN408A 2017/024) como a solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Maragouto e Banzas (nº de expediente IN408A 2020/144) son obxecto doutros proxectos independentes do mesmo titular, Green Capital Power, S.L., e están actualmente en tramitación.

Características técnicas da instalación:

• A LAT obxecto da presente tramitación componse dos seguintes treitos:

– Treito 1: constará dun dobre circuíto e descomponse en dous subtreitos.

• Subtreito A:

• Circuíto 1: liña aérea de alta tensión (LAAT) a 132 kV condutor do tipo LA-280 Simplex, con orixe no pórtico metálico situado no interior da SET Troitomil 30/132 kV, no termo municipal (TM) da Baña, e final no apoio de paso aéro-subterráneo (PAS) nº 1 (TM da Baña); correspóndese co van destensado de conexión ao pórtico da subestación de Troitomil e ten unha lonxitude aproximada de 34,11 m.

• Circuíto 2: liña subterránea de media tensión a 30 kV condutor tipo RHZ1-RA+2OL (S) 18/30 kV 1×240 mm² Al + H16. Con orixe no PAS nº 1 (TM da Baña) e final na SET Troitomil 30/132 kV (TM da Baña), ten unha lonxitude aproximada de 76 m.

• Subtreito B: con orixe no PAS nº 1 (TM da Baña) e final no apoio nº 3 (TM da Baña), ten unha lonxitude aproximada de 587,21 m.

• Circuíto 1: LAAT a 132 kV condutor do tipo LA-280 Simplex.

• Circuíto 2: liña aérea de media tensión a 30 kV condutor do tipo LA-280 Simplex.

– Treito 2:

• Subtreito A: LAAT a 132 kV condutor do tipo LA-280 Simplex. Lonxitude: 6.884,84 m con orixe no apoio nº 3 (TM da Baña) e final no PAS nº 25 (TM de Negreira).

• Subtreito B: liña subterránea de alta tensión a 132 kV condutor do tipo RHZ1-RA+2OL (S) 76/132 kV 1×630 mm² Al + H165. Lonxitude: 528 m con orixe no PAS nº 25 (TM de Negreira) e final no PAS nº 26 (TM de Negreira).

• Subtreito C: LAAT a 132 kV condutor do tipo LA-280 Simplex. Lonxitude: 6.609,21 m con orixe no PAS nº 26 (TM de Negreira) e final no apoio nº 16 (TM de Negreira) da LAT 132 kV SET PE Banzas/SET colectora Lousame, incluida na solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Maragouto e Banzas.

• Todas as liñas aéreas disporán dun cable de fibra óptica tipo OPGW-48 para comunicacións que efectuará, ademais, a función de cable de terra, mentres que as comunicacións nas liñas subterráneas se realizarán cun cable de fibra óptica monomodo.

• A LAT ten unha lonxitude aproximada de 14.609,26 m (sen incluir o van destensado de conexión ao pórtico da subestación de Troitomil de 34,11 m).

• O tendido realizarase sobre apoios metálicos de celosía; o número de apoios proxectados é de 53.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) das instalacións.

• Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (abril 2021-vsdo. 18.5.2021).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (maio 2021-asdo. 1.6.2021).

3. Proxecto de interese autonómico (PIA) (abril 2021-vsdo. 18.5.2021).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 62), así como nos concellos da Baña e Negreira (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/instalacions-xeracion/troitomil-banzas-lousame

O estudo de impacto ambiental estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A Coruña, 5 de outubro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña