Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 15 de outubro de 2021 Páx. 50581

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto de Estudos do Territorio

ANUNCIO do 7 de outubro de 2021 sobre o acordo de emprazamento no procedemento ordinario 4087/2021 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, do recurso contencioso-administrativo contra o Decreto 238/2020, do 29 de decembro, polo que se aproban as Directrices de paisaxe de Galicia.

En cumprimento da Resolución de 7 de outubro de 2021, do Instituto de Estudos do Territorio, organismo autónomo adscrito á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, emprázanse cantos aparezan como interesados no procedemento de aprobación do Decreto 238/2020, do 29 de decembro, polo que se aproban as Directrices de paisaxe de Galicia, publicado no Diario Oficial de Galicia número 20, do 1 de febreiro de 2021, para que poidan presentarse ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, no prazo de nove días, no procedemento ordinario 4087/2021, no cal recorre o Avogado do Estado en nome e representación da Administración xeral do Estado, contra a resolución administrativa deste expediente.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2021

O director do Instituto de Estudos do Territorio
P.S. (Resolución do 3.9.2021)
Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda