Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 14 de outubro de 2021 Páx. 50445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 17 de setembro de 2021, da Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico, polo que se notifica a apertura do trámite de audiencia no expediente de extinción por causa de caducidade do título concesional relativo ao aproveitamento hidroeléctrico de Novefontes, no río Lañas, concello de Touro, A Coruña (expediente 5/244/45).

O pasado 5.8.2021 foi emitido o informe establecido no artigo 165.3 por Augas de Galicia relativo ao expediente de extinción do título concesional outorgado por resolución do presidente de Augas de Galicia do 24.9.1998, cuxas características básicas son as que se transcriben a seguir:

Clave do aproveitamento: 5/244/45.

Denominación: AH de Novefontes.

Titular da concesión: Eléctrica del Touro, S.L.

Caudal máximo de auga concedido: 2.500 l/s.

Corrente de onde se derivan as augas: río Lañas.

Termo municipal onde radica a toma: Touro (A Coruña).

Intentada a notificación do preceptivo trámite de audiencia á sociedade Eléctrica del Touro, S.L. con data do 11.8.2021 sen que fose posible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícase a apertura do dito trámite, para que, en cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado compareza, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15781 en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro dos documentos que conforman o expediente e constancia de tal coñecemento. Durante este mesmo prazo poderá formular as alegacións e probas que considere oportunas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2021

Roberto Arias Sánchez
Subdirector xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico