De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á persoa interesada que se relaciona no anexo a resolución e a carta de pagamento de multa en período voluntario no anexo do expediente sancionador en materia de talleres, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
A persoa interesada dispón dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para examinar o expediente nas oficinas da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, situadas na avenida María Victoria Moreno, 43, 5º andar, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Pontevedra, 28 de setembro de 2021
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente sancionador: IN635C 2021/31-4.
Interesado:
DNI: 36171906J.
Acto notificado: resolución e carta de pagamento.