Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 14 de outubro de 2021 Páx. 50357

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade da encomenda á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) para a xestión das actividades derivadas da formación das persoas coidadoras de pacientes con enfermidades neurodexenerativas.

De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade da Resolución do Servizo Galego de Saúde, de data 24 de setembro de 2021, pola que se encomenda á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) a xestión de actividades formativas.

– Actividades:

a) A programación, a planificación e a xestión das actividades formativas propostas polo Servizo Galego de Saúde, dentro dos límites orzamentarios establecidos.

b) A resolución das incidencias que poidan xurdir nos accesos á plataforma de contidos e recursos técnicos.

A ACIS, no desenvolvemento da actividade encomendada, seguirá as directrices e instrucións da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, aos cales lles corresponden os poderes de verificación e control da encomenda.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: a encomenda ten natureza de encarga a medio propio, de acordo co disposto nos artigos 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, e no artigo 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico. Tal condición de medio propio vén recollida no artigo 5 do Decreto 112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos.

– Prazo de vixencia: desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e ata o día 31 de decembro de 2021.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2021

Julio García Comesaña
Presidente do Servizo Galego de Saúde