No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 163, do 27.8.2021 (núm. de anuncio 2021/6462), publicáronse integramente as bases que deben rexer a convocatoria para prover unha praza de técnico/a de normalización lingüística, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos superiores, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
Prazo de presentación de solicitudes: 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Carballo, 21 de setembro de 2021
Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde