Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 13 de outubro de 2021 Páx. 50308

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2021 pola que se notifica a resolución do expediente CED 13/2020.

Unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible efectuala, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante a presente resolución notifícaselle á interesada o contido da resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da lei mencionada. O expediente relacionado atópase á disposición da interesada para que, de ser o caso, poida consultalo no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, sito na rúa Espiñeira, número 10, baixo, 15706 Santiago de Compostela.

Advírtese a interesada que contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. Non obstante, previamente, poderá interpor un recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución contra a que se recorreu, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2021

Mª Rosa Álvarez Prada
Decana

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

DNI

CED 13/2020

Verónica Rivera Pérez

***1986**