Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 13 de outubro de 2021 Páx. 50070

III. Outras disposicións

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no segundo cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANEXO

Obxecto do convenio

Importe económico

Data sinatura

Entrada en vigor

Protocolo de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

Ningún

4.5.2021

4.5.2021

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, para a organización do curso Cuestións de actualidade e relacións de colaboración con axentes implicados na disciplina urbanística.

1.542,75 €

(IVE incluído)

5.5.2021

5.5.2021