Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 13 de outubro de 2021 Páx. 50157

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 28 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a imposición da segunda multa coercitiva do expediente sancionador en materia de talleres IN635C 2020/109-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo a imposición da segunda multa coercitiva do expediente sancionador en materia de talleres, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada dispón dun prazo dun mes, contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, para interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, ou no prazo de dous meses recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Pontevedra ou do domicilio do interesado, se radica en Galicia.

Pontevedra, 28 de setembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente sancionador: IN635C 2020/109-4.

Interesada: Neumáticos Tebra e Hijos, S.L.

NIF: B27852490.

Acto notificado: segunda multa coercitiva.