Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 11 de outubro de 2021 Páx. 49556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 17 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Pobra do Caramiñal (expediente-e IN407A 2021/149-1).

Expediente-e: IN407A 2021/149-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Sende, no lugar de Sende na parroquia de Santa Cruz de Lesón.

Concello: A Pobra do Caramiñal.

1. Características técnicas:

• Instalación dun CT prefabricado rural de 100 kVA e entroncamento coa LMTA BOI804 a través do paso aéreo-soterrado no apoio existente de tipo HV 630/13, con matrícula 9K654NH8/72-7. Substitución das actuais cadeas de suspensión por suspensión/derivación. Instalación dun elemento de manobra de tipo XS.

• Treito de LMTS de 20 kV en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) cunha lonxitude de 85 metros. Discorrerá entubada por gabia baixo terra e calzada ata o novo CT e instalaranse dous puntos de acceso á rede.

2. Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa a través do correo electrónico: seccion.enerxia.coruna@xunta.es, ou tamén nos teléfonos: 981 18 49 70 e 981 18 49 38), así como no concello.

Ademais, poderase consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 17 de setembro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2021/149-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Sende, no lugar de Sende na parroquia de Santa Cruz de Lesón.

Concello: A Pobra do Caramiñal.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Número de predio: 2.

Datos catastrais:

• Polígono: 10.

• Parcela: 196.

Lugar: Agriño.

Cultivo: monte alto.

Propietario: Juan Martís Barreiro.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: centro de transformación, caseta e acceso.

• M2: 17,32.