Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 11 de outubro de 2021 Páx. 49596

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 1 setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións (expediente BS618D27028013620 e once máis).

De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, nos seus artigos 44 e 46 e en uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para notificarlles as resolucións ditadas nos procedementos instados por elas, ao seren devoltas polo servizo de Correos por non poderse efectuar.

No prazo de dez (10) días desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas interesadas poderán comparecer, persoalmente ou debidamente representadas, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Lugo, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, na rolda da Muralla, núm. 70, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñeceren o texto íntegro das resolucións que se notifican e do expediente administrativo. Advírteselles que, de non o faceren así, se considerarán notificadas no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Así mesmo, advírteselles que contra as referidas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Política Social no prazo de un (1) mes desde o día seguinte ao da súa notificación efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 1 de setembro de 2021

Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Persoa interesada

Núm. de expediente

Data de resolución

33536417W

BS618D27028013620

Desistencia 29.3.2021

33542611D

BS618D27028025420

Desistencia 13.5.2021

34317471E

BS618D27028006321

Denegación 11.5.2021

Y7844286N

BS618D27032000121

Denegación 29.3.2021

36057867P

BS618D27028019120

Desistencia 26.4.2021

34242824X

BS618D27050000321

Denegación 28.5.2021

YE083511

BS618D27050000221

Desistencia 26.4.2021

Y7697850V

BS618D27031001421

Denegación 28.5.2021

OZ4292164

BS618D27028014720

Revogación 26.3.2021

09712498N

BS618D27028026019

Desistencia 29.3.2021

Y6439150S

BS618D27028004221

Desistencia 28.6.2021

X8706545X

BS618D27028011820

Desistencia 26.4.2021