Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 8 de outubro de 2021 Páx. 49294

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 30 de setembro de 2021 pola que se fai pública a relación do persoal docente que obtivo destino definitivo no proceso de adscrición regulado na Orde do 26 de xullo de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 107/2021, do 1 de xullo, polo que se transforman institutos de ensino secundario en centros integrados de formación profesional e se trasladan ensinanzas.

Por medio do Decreto 107/2021, do 1 de xullo, transformáronse os institutos de ensino secundario Fraga do Eume de Pontedeume e Leixa de Ferrol en centros integrados de formación profesional e trasladáronse as ensinanzas do ciclo superior de ensinanzas de animación sociodeportiva do Instituto de Educación Secundaria Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo ao centro integrado de formación profesional Politécnico de Lugo.

Mediante a Orde do 26 de xullo de 2021 pola que se desenvolve o citado decreto regulouse o proceso de adscrición do persoal docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional afectados polo decreto.

En cumprimento do establecido nos puntos sexto e sétimo da referida orde, o persoal funcionario docente adscribiuse con carácter definitivo no centro receptor de ensinanzas e aplicáronse os criterios de prioridade establecidos no Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda de destino definitivo polas funcionarias e funcionarios docentes que prestan servizos nos centros educativos que imparten ensinanzas distintas das universitarias e o cómputo de antigüidade no centro en función das causas de acceso a el.

Pola súa banda, o punto décimo da referida orde dispón que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicará no Diario Oficial de Galicia os destinos do persoal docente que os obteña con carácter definitivo.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ACORDA:

Primeiro. Facer pública, en aplicación do punto décimo da Orde do 26 de xullo de 2021 e como anexo desta orde, a relación de profesorado que obtén destino definitivo nos centros que se relacionan e con efectividade do 1 de setembro de 2021.

Segundo. De conformidade co punto quinto da Orde do 26 de xullo de 2021, Juan José Oruezabala Romero queda adscrito definitivamente no IES de Catabois coa condición de desprazado por falta de horario.

Terceiro. De conformidade co punto noveno da citada Orde do 26 de xullo de 2021, o persoal funcionario docente que se adscribe con carácter definitivo no IES de Breamo, no IES de Catabois e no CIFP Politécnico de Lugo manterá, para os efectos de antigüidade no novo centro, a xerada no centro de orixe.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO

1. Persoal docente do CIFP Fraga do Eume (Pontedeume) que se adscribe ao IES Breamo (Pontedeume).

DNI

Apelido 1

Apelido 2

Nome

Código
do centro

Centro

***9900**

Lozano

García

José Antonio

15020556

IES Breamo

***3628**

Pérez

Monzón

María Alejandra

15020556

IES Breamo

***2538**

Fernández-Campoamor

Fernández

Glafira Carmen

15020556

IES Breamo

***0406**

Cabado

Carballal

Celia

15020556

IES Breamo

***4649**

Martínez

Álvarez

Vicente

15020556

IES Breamo

***0884**

Fernández

Enríquez

María Agustina

15020556

IES Breamo

***8411**

Segura

Torres

María del Rosario

15020556

IES Breamo

***6630**

Muñoz

Carril

Patricia

15020556

IES Breamo

***0575**

Cortizas

Gómez

María Blanca

15020556

IES Breamo

***4317**

Iglesias

Díaz

María Ángeles

15020556

IES Breamo

***3734**

Areal

Vila

María Luisa

15020556

IES Breamo

***2019**

Basanta

Rodríguez

Virginia

15020556

IES Breamo

***5039**

Piñeiro

Oliveira

Ramiro

15020556

IES Breamo

***0221**

Pérez

Prieto

Susana

15020556

IES Breamo

***0776**

García

Fonte

María dos Anxos

15020556

IES Breamo

***3141**

López

González

Susana

15020556

IES Breamo

2. Persoal docente do CIFP de Leixa (Ferrol) que se adscribe ao IES de Catabois (Ferrol).

DNI

Apelido 1

Apelido 2

Nome

Código
do centro

Centro

***5909**

Sánchez

Vilar

Rebeca

15006687

IES de Catabois

***6013**

Ferreiro

Rozas

Antonio José

15006687

IES de Catabois

***5072**

Martínez

Yáñez

Fernando Jesús

15006687

IES de Catabois

***0406**

Martínez

Corral

María Carmen

15006687

IES de Catabois

***4111**

Queipo

Fernández

Roberto

15006687

IES de Catabois

***2744**

Oruezabala

Romero

Juan José

15006687

IES de Catabois

3. Persoal docente do IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes (Lugo) que se adscribe ao CIFP Politécnico (Lugo).

DNI

Apelido 1

Apelido 2

Nome

Código
do centro

Centro

***0485**

Pérez

Romero

Eduardo

27006516

CIFP Politécnico

***0281**

Marcos

Ferreiro

Roberto

27006516

CIFP Politécnico

***2273**

Rosado

Saavedra

Ricardo

27006516

CIFP Politécnico