Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 8 de outubro de 2021 Páx. 49330

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de setembro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 74/76 e sete máis).

Na sesión celebrada o día 13.9.2021, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, por unanimidade, acordou aprobar os seguintes deslindamentos entre montes veciñais e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes correspondentes:

– Monte Sur Arroio Raposeiras (exp. 74/76), pertencente aos veciños do sur da parroquia de Augas Santas; monte Norte Arroio Raposeiras (exp. 73/76), pertencente aos veciños do norte da parroquia de Augas Santas; e monte Merlán (exp. 91/76), pertencentes aos veciños da parroquia de Merlán, agás Hospital, todos eles do concello de Palas de Rei.

O 1.3.2021 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa o monte Sur Arroio Raposeiras dos montes Norte Arroio Raposieras e Merlán. Presentan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Palas de Rei e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 13.7.2021 o Servizo de Montes emite un informe (2021_9) en que se especifican as modificacións que se producen nos montes como consecuencia do deslindamento acordado, e cuxas superficies pasan a ser:

MVMC Sur Arroio Raposeiras, 453 hectáreas.

MVMC Norte Arroio Raposeiras, 174 hectáreas.

MVMC Merlán, 448 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Monte Ferreira (exp. 85/76), pertencente aos veciños da parroquia de Ferreira; e monte Sur Arroio Raposeiras (exp. 74/76), pertencente aos veciños do sur da parroquia de Augas Santas, ambos no concello de Palas de Rei.

O 17.12.2020 foi presentada unha solicitude (mellorada o 17.6.2021) relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, canto á liña divisoria que separa os seus montes. Presentan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Palas de Rei e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 13.7.2021 o Servizo de Montes emite un informe (2020_64) en que se especifican as modificacións que se producen nos montes como consecuencia do deslindamento acordado, e cuxas superficies pasan a ser:

MVMC Ferreira, 152 hectáreas.

MVMC Sur Arroio Raposeiras, 486 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Monte Serra de Auga Levada (exp. 30/73), pertencente aos veciños de Castí, Freixeiro, San Pedro e Santa Andrea, na parroquia de Quintá de Lor; e monte Augasmestas (exp. 32/73), pertencente aos veciños da parroquia de Augasmestas, ambos no concello de Quiroga.

O 19.1.2021 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, canto á liña divisoria que separa os seus montes. Presentan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz Quiroga e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 19.5.2021 o Servizo de Montes emite un informe (2021_2) en que se especifican as modificacións que se producen nos montes como consecuencia do deslindamento acordado, e cuxas superficies pasan a ser:

MVMC Serra de Auga Levada, 522 hectáreas.

MVMC Augasmestas, de 464 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Monte Eiras e Reboredo (exp. 54/76), pertencente aos veciños de Campo do Val, Fisteus, A Goia, Vilaboa e Vilameá, da parroquia de Fisteus; e monte Bustelo de Fisteus (exp. 123/75), pertencente aos veciños do lugar de Bustelo de Fisteus, ambos no concello de Quiroga.

O 29.1.2021 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, canto á liña divisoria que separa os seus montes. Presentan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz Quiroga e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 19.5.2021 o Servizo de Montes emite un informe (2021_3) en que se especifican as modificacións que se producen nos montes como consecuencia do deslindamento acordado, e cuxas superficies pasan a ser:

MVMC Eiras e Reboredo, 435 hectáreas.

MVMC Bustelo de Fisteus, 426 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 23 de setembro de 2021

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo