Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 8 de outubro de 2021 Páx. 49327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 13 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións administrativas ditadas en varios procedementos (expediente BS611A LU-0000030954 e catro máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicalas por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas para proceder á notificación das resolucións ditadas nos procedementos instados por elas relativos aos expedientes relacionados no anexo.

Para os efectos de notificación, as persoas interesadas ou persoas que legalmente as representen poderán comparecer para ter coñecemento íntegro do acto e constancia do mesmo, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base, rúa Serra de Ancares, nº 68-baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra estas resolucións poderá interpoñer reclamación previa a vía xurisdicional social no prazo de treinta (30) días que comezará contado desde o día seguinte ao da notificación, practicada por comparecencia, conforme o artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Lugo, 13 de setembro de 2021

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento BS611A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

LU-0000030954

15349837M

Resolución de recoñecemento

31.5.2021

LU-0000023089

33825343W

Resolución de recoñecemento

12.7.2021

LU-0000055068

33819839H

Resolución de recoñecemento

14.6.2021

LU-0000057261

33811486Z

Resolución de recoñecemento

28.6.2021

LU-0000055105

Y4409435G

Resolución de recoñecemento

12.7.2021