Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 8 de outubro de 2021 Páx. 49323

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 3 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións administrativas ditadas en varios procedementos (expediente BS210A LU-0000032091 e dez máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicalas por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas para proceder á notificación das resolucións ditadas nos procedementos instados por elas relativos aos expedientes relacionados no anexo.

Para os efectos de notificación, as persoas interesadas ou persoas que legalmente as representen poderán comparecer para ter coñecemento íntegro do acto e constancia del, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base, rúa Serra de Ancares, nº 68-baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra estas resolucións que non esgotan a vía administrativa poderán interpoñer o recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte á notificación, practicada por comparecencia, ante a persoa titular da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia conforme o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 3 de setembro de 2021

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento BS210A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto

administrativo

LU-0000032091

10534012N

Reintegro de prestacións

28.6.2021

LU-0000028959

32650703H

Reintegro de prestacións

24.6.2021

LU-0000021875

53285861J

Reintegro de prestacións

23.6.2021

LU-0000008705

02609179J

Reintegro de prestacións

23.6.2021

LU-00000 9910

34176860X

Reintegro de prestacións

23.6.2021

LU-0000032293

41427504L

Reintegro de prestacións

28.6.2021

LU-0000049786

76557254L

Reintegro de prestacións

30.6.2021

LU-0000037626

33787969A

Reintegro de prestacións

10.5.2021

LU-0000040943

33738936Y

Reintegro de prestacións

10.5.2021

LU-0000026450

33737883B

Reintegro de prestacións

14.7.2021

LU-0000029427

76546754V

Reintegro de prestacións

13.8.2021