De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 1 de outubro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 15 de outubro) para cubrir con persoal laboral fixo catro prazas da categoría profesional técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde (animalarios), grupo III, unha vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde (animalarios), as persoas que superaron o proceso selectivo e que se relacionan no anexo desta resolución.
Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2021
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Categoría laboral: técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde (animalarios)
Quenda de acceso libre
Número de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
1 |
***5186** |
López Arceo, Mercedes |
2 |
***3781** |
Gaciño Vicente, Yésica |
3 |
***4693** |
Lueiro Nogareda, Marta |
4 |
***9888** |
Cendán Pérez, Silvia |