Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 7 de outubro de 2021 Páx. 49046

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019.

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17, punto b), da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, o beneficiario e a cantidade concedida.

Segundo o disposto no artigo 17.1 da Resolución do 26 de decembro de 2018, o órgano competente para ditar a resolución de concesión destas axudas é o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

Na súa virtude, a Dirección da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLVE:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2021

José Luis Cabarcos Corral
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANEXO

Convocatoria:

Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019.

Programa e crédito orzamentario:

Esta resolución financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 14.A2.561A.770.0 por un valor total de 1.495.800 euros, distribuídos nas seguintes anualidades: 448.740 euros en 2019, 598.320 euros en 2020 e 448.740 euros en 2021. Financiarase integramente con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao 75 %, con fondos propios da Xunta de Galicia nun 22,5 % e con fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 2,5 %.

Finalidade:

Apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal.

Beneficiarios, proxectos e contías:

Núm. de expte.

Título

Beneficiarios

CIF

Axuda concedida 2019

Axuda concedida 2020

Axuda concedida 2021

Axuda total

FEADER 2019/007A

Implementación das técnicas de cultivo de millo en gran na comarca da Limia

Almacenes Gamallo, S.L.

B32145013

8.516,00 €

54.420,00 €

31.940,00 €

94.876,00 €

FEADER 2019/009A

Desenvolvemento de producións avícolas ecolóxicas diferenciadas: carne e ovos como alimentos ecocardiosaudables

Sueiro y Lorenzo Avicultura Artesanal, S.L.

B94168150

8.000,00 €

44.240,00 €

39.840,00 €

92.080,00 €

FEADER 2019/013A

Revalorización de bagazo in situ: economía circular no sector agroalimentario (Verbag)

Bodegas Terras Gauda, S.A.

A36108900

8.654,49 €

55.831,66 €

35.513,85 €

100.000,00 €

FEADER 2019/015A

Leite de pastoreo en Galicia: tecnoloxías para a mellora do perfil en compostos bioactivos

Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL)

G15228141

8.410,38 €

48.285,90 €

43.285,94 €

99.982,22 €

FEADER 2019/024A

Implantación de producións máis sustentables e ecolóxicas nos cultivos de horta extensiva en Galicia

Unión de Cooperativas-Agaca

F15156557

7.418,00 €

42.144,00 €

27.247,20 €

76.809,20 €

FEADER 2019/031A

Pinsa: un novo concepto para os produtos de panadería con base nos trigos autóctonos

Cea Pan, S.L.

B32034886

6.400,00 €

30.680,00 €

29.900,00 €

66.980,00 €

FEADER 2019/034A

Desenvolvemento de produtos elaborados con base na carne de vacún raza autóctona certificado eco

Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia

V27218643

5.380,00 €

27.600,00 €

22.224,00 €

55.204,00 €

FEADER 2019/040A

Elaboración dun novo produto: xamón de pato. Estudo do efecto da conxelación

Ánades Galicia, S.L.

B32120891

2.200,00 €

26.120,00 €

30.880,00 €

59.200,00 €

FEADER 2019/041A

Elaboración sustentable de terróns e coberturas para xardinaría, paisaxismo e restauración ambiental

A Man de Prado, S.L.U.

B27402338

6.179,28 €

32.016,58 €

41.391,67 €

79.587,53 €

FEADER 2019/043A

M&S Plants-Desenvolvemento dunha ferramenta de intelixencia de mercado para a predición de stocks futuros de plantas ornamentais

Comercializadora de Plantas de Galicia, S.L.

B36475325

7.848,43 €

49.614,97 €

42.536,60 €

100.000,00 €

FEADER 2019/046A

DOP-Arte: optimizando a arte de facer queixos das DOP Arzúa-Ulloa e Queixo Tetilla

Queizuar, S.L.

B15594401

7.999,99 €

39.999,99 €

32.000,00 €

79.999,98 €

FEADER 2019/051A

Estudo de técnicas de produción para rendibilizar o cultivo de pataca en ecolóxico en Galicia

Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (ADEGAL)

G32440455

2.400,00 €

11.200,00 €

19.200,00 €

32.800,00 €

FEADER 2019/053A

Implementación dun programa de selección xenómica na raza Rubia Galega (Bos taurus) utilizando un chip de SNP de alta densidade

Asociación Nacional de Criadores de Ganado Vacuno Selecto Raza Rubia Gallega (Acruga)

G27007061

3.849,46 €

34.970,26 €

61.180,24 €

99.999,96 €

FEADER 2019/058A

Bases para o cultivo ecolóxico de trigo autóctono en Galicia

Panadería da Cunha, S.L.

B15582505

7.158,24 €

33.321,93 €

32.921,93 €

73.402,10 €

FEADER 2019/059A

Variedades locais de millo para obter un pan de millo de calidade

Panadería da Cunha, S.L.

B15582505

8.368,10 €

41.560,38 €

43.400,38 €

93.328,86 €

FEADER 2019/063A

Piloto de reprodución selectiva baseado en SNP asociadas a leite máis saudable (Vacagen)

Cooperativas Lácteas Unidas, S.C.G.

F70509096

9.353,78 €

53.249,28 €

37.396,94 €

100.000,00 €

FEADER 2019/073A

Instalación para transformación de sangue en matadoiro e a súa valorización en forma de fariña

Lugo Carne, S.L.

B27380633

8.523,60 €

52.450,78 €

33.872,04 €

94.846,42 €