Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 7 de outubro de 2021 Páx. 49088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 27 de setembro de 2021, da Área de Planificación, Innovación e Seguridade Viaria, polo que se fai pública a Resolución do 23 de setembro de 2021 pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente os mapas estratéxicos de ruído dos grandes eixes viarios da Rede autonómica de estradas de Galicia na provincia de Pontevedra (GA/19/001.09.2).

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade (Orde do 7 de setembro de 2017, Diario Oficial de Galicia do 20 de setembro), vistos os informes das administracións afectadas e as alegacións formuladas no trámite de información pública, ditou o 23 de setembro de 2021 a seguinte resolución:

«Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente os mapas estratéxicos de ruído dos grandes eixes viarios da Rede autonómica de estradas de Galicia na provincia de Pontevedra, de clave GA/19/001.09.2.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas do 7 de outubro de 2020 aprobáronse provisionalmente os mapas estratéxicos de ruído dos grandes eixes viarios da Rede autonómica de estradas de Galicia na provincia de Pontevedra, de clave GA/19/001.09.2.

Segundo. Con data do 26 de outubro de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 215) o Anuncio do 8 de outubro de 2020 polo que se sometían ao trámite de información pública os mapas estratéxicos de ruído dos grandes eixes viarios da Rede autonómica de estradas de Galicia na provincia de Pontevedra (GA/19/001.09.2).

Terceiro. Durante o trámite de información pública presentáronse un total de 42 alegacións, conforme os certificados emitidos polos organismos oficiais competentes.

Cuarto. Durante o trámite de información pública detectáronse erros na denominación das UME’s: VG-4.1, PO-542 e PO-549, nos mapas das UME’s: PO-308, PO-316, PO-324, PO-325, PO-340_2, PO-403, PO-510_1, PO-531, PO-548_1, PO-548_2, PO-549, PO-551_1, PO-552_1, PO-552_2, PO-552_4 e VG-4.1 e nos resultados de afección das seguintes UME’s: AG-41, VG-4.2, VG-4.3, VG-4.4, PO-308, PO-316, PO-340_1, PO-340_2, PO-403, PO-542, PO-548_1, PO-548_2, PO-551_2, PO-552_4, PO-841, VG-4.2, VG-4.3 e VG-4.4.

Fundamentos de dereito:

De acordo co establecido na Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído e no Real decreto 1513/2005, do 16 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no referente á avaliación e á xestión do ruído ambiental, os mencionados mapas sometéronse ao trámite de información pública, durante un período dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De acordo con todo o exposto e tras os certificados presentados,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar o expediente de información pública e definitivamente os mapas estratéxicos de ruído dos grandes eixes viarios da Rede autonómica de estradas de Galicia na provincia de Pontevedra que se relacionan a continuación, coas seguintes modificacións:

1. Corrección dos erros detectados na denominación das UME’s: VG-4.1, PO-542 e PO-549, nos mapas das UME’s: PO-308, PO-316, PO-324, PO-325, PO-340_2, PO-403, PO-510_1, PO-531, PO-548_1, PO-548_2, PO-549, PO-551_1, PO-552_1, PO-552_2, PO-552_4 e VG-4.1 e nos resultados de afección das seguintes UME’s: AG-41, VG-4.2, VG-4.3, VG-4.4, PO-308, PO-316, PO-340_1, PO-340_2, PO-403, PO-542, PO-548_1, PO-548_2, PO-551_2, PO-552_4, PO-841, VG-4.2, VG-4.3 e VG-4.4.

2. Conforme á alegación presentada polo concello de Marín, corrección nos mapas da UME VG-4.4, do uso do colexio de educación especial Juan XXIII (p.q. 8+460 MI), de uso industrial a uso sanitario/docente/cultural.

Estrada

Treito

p.q. inic.

p.q.
fin

Lonx. (km)

Concellos

AG-41

Curro (AP-9)-Enl. Sanxenxo (VG-4.1)

0,4

19,18

18,78

Barro, Meis, Ribadumia, Meaño, Sanxenxo

AG-46

Rande (AP-9)-Enl. VG-4.5

0

11

11

Moaña

AG-57

Enl. de Nigrán-Enlace 2º Cinturón Vigo (VG-20)

10,24

22

11,76

Nigrán, Gondomar, Vigo

CG-4.1

Enlace de Cangas (AG-46)-Alto da Portela (PO-551)

11

15

4

Moaña, Cangas

VG-4.1

Sanxenxo (AG-41)-A Lanzada (PO-308)

19,19

26,03

6,84

Sanxenxo

VG-4.2

Saída 7 (AG-41)-Cambados (PO-300)

0

4,44

4,44

Ribadumia, Cambados

VG-4.3

Cambados (PO-300)-Enl. vte Vilagarcía (N-640)

0

8,2

8,2

Cambados, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa

VG-4.4

Lourizán (PO-12)-Enl. PO-313

0

8,96

8,96

Pontevedra, Marín

PO-225

Alba (N-550)-San Caetano

0

1,08

1,08

Pontevedra

PO-300

Pol. Ind. (EP-9501)-Cambados (VG-4.3)

10,04

11,71

1,67

Cambados

PO-307

Deiro (PO-549)-A Illa de Arousa

0

4,58

4,58

Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa

PO-308

Pontevedra (PO-531)-Sanxenxo (PO-504)

0

17,35

17,35

Poio, Sanxenxo

PO-316

A Lanzada (PO-550)-O Grove

0

5,87

5,87

Sanxenxo, O Grove

PO-324

Ponte Lagares-p.q. 2,38

0

2,38

2,38

Vigo

PO-325

Vigo-A Ramallosa (PO-552)

0,15

15,79

15,64

Vigo, Nigrán, Baiona

PO-331

PO-330-PO-332

12,08

15,73

3,65

Gondomar

PO-340

Tui (N-550)-Enl. A-55

0

0,44

0,44

Tui

PO-340

Gondomar (PO-331)-A Ramallosa (PO-552)

16,8

21,51

4,71

Gondomar, Nigrán, Baiona

PO-403

A-52-Ponteareas (N-120)

8,53

11,28

2,75

Ponteareas

PO-504

Sanxenxo-AG-41

0

0,81

0,81

Sanxenxo

PO-510

Atios (N-550)-Salceda (PO-411)

0

6,99

6,99

O Porriño, Salceda de Caselas

PO-510

Enl. PO-404-Enl. PO-403

11,57

13,46

1,89

Salvaterra de Miño

PO-511

Sanguiñeda (N-120)-Torneiros (PO-331)

0

0,52

0,52

Mos, O Porriño

PO-530

Enl. A Illa de Arousa (VG-4.3)-Deiro (PO-549)

1,1

2,54

1,44

Vilanova de Arousa

PO-531

Pontevedra (Ponte da Barca)-Baión (N-640)

0

18,8

18,8

Pontevedra, Poio, Barro, Meis, Portas, Vilanova de Arousa, Caldas de Reis

PO-542

Marcón (PO-532)-O Pino (ramal PO-10)

3,21

6,87

3,66

Pontevedra

PO-548

Pontecesures (N-550)-PO-190

0

3,04

3,04

Pontecesures, Valga

PO-548

Catoira (Glor.)-Vilagarcía (glorieta porto)

7,82

19,11

11,29

Catoira, Vilagarcía de Arousa

PO-549

Vilagarcía (N-640)-Caleiro (PO-302)

0,75

5,25

4,5

Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa

PO-550

Cambados (VG-4.3)-Inicio zona portuaria S. Tomé-Tragove

0

1,21

1,21

Cambados

PO-550

Fin zona portuaria S. Tomé-Tragove-Vilalonga (PO-504)

1,66

10,97

9,31

Cambados, Ribadumia, Meaño, Sanxenxo,

PO-551

A Tioira (VG-4.4)-Inicio Moaña

6,43

24,71

18,28

Marín, Bueu, Cangas, Moaña

PO-551

Final Moaña-Rande (N-554)

26,05

33,62

7,57

Moaña

PO-552

Vigo (Av. do Alcalde Portanet)-Baiona (Estda. Dep.)

0

15,59

15,59

Vigo, Nigrán, Baiona

PO-552

A Guarda (PO-355)-Salcidos (CG-4.2)

46,86

48,45

1,59

A Guarda

PO-552

Goián (PO-553)-Forcadela Sur (PO-195)

57,79

62,09

4,3

Tomiño

PO-552

Forcadela Norte (PO-195)-Tui (N-551)

63,84

71,22

7,38

Tomiño, Tui

PO-841

Pontevea-A Estrada

11,72

21,81

10,09

Teo, A Estrada

Segundo. Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa ou ben recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común».

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2021

Héctor Presas Veiga
Xefe da Área de Planificación, Innovación e Seguridade Viaria